Publicada no Doga a RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se dá publicidade da campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2022.
⭕ Inscrición: A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible na OPAX.
👉 Toda inscrición xerará un xustificante do consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
⭕ Prazo de inscrición: 4 meses contados a partir do día 2/2/2022, agás persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
▪️ Amplía información e accede ó DOGA: ⤵️⤵️
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220201/AnuncioG0595-270122-0002_gl.html