PUBLICADA NO DOG CONVOCATORIA DO FONDO DE ACCIÓN SOCIAL 2024!! PROGRAMA DISCAPACIDADE

PUBLICADO NO DOG DE HOXE 5/6/24

 

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2024 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

CONVOCATORIA DE ACCIÓN SOCIAL 2024

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 15 DIAS HÁBILES – ATA O 26 DE XUÑO.

⭕ Ámbito persoal e beneficiarios:

Poderán solicitar as axudas os funcionarios de carreira e interinos dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial.

O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar, no prazo de presentación das solicitudes, en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos e ter destino nesta comunidade autónoma, así como reunir os restantes requisitos exixidos polo presente programa de atención de persoas discapacitadas do Fondo de Acción Social.

⭕ Tamén poden solicitar a axuda: 

a) Aquelas persoas que prestaran servizos como persoal funcionario interino da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 03/07/23) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.

b) O persoal funcionario de carreira da Administración de xustiza que durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (03/07/23) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestasen servizos nesta comunidade autónoma e se xubilasen durante o dito período.

⭕ TERÁN A CONDICIÓN DE BENEFICIARIOS

a) Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 % que reúnan os requisitos establecidos nos puntos anteriores.

b) Os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos puntos anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos/as, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 %.

No caso de que a persoa beneficiaria teña baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, máis dunha persoa que cumpra os requisitos anteriores, percibirá a axuda para cada unha

⭕ Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

⭕ Solicitude e formas de presentación:

As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es.

ACCEDE A RESOLUCIÓN DO DOG: ⤵⤵

RESOLUCIÓN ACCIÓN SOCIAL DOG

📣 Dende SPJ-USO, mostramos o noso rexeitamento a esta «acción social recortada» e instamos de novo á DXX que se recollan e inclúan as alegacións feitas por este sindicato:
⚫ A reposición dos programas existentes antes do ano 2011, é dicir:
☑️ AXUDA POR FILLOS
☑️ AXUDA DE ESTUDOS DE FUNCIONARIOS E FILLOS
☑️ A INCLUSIÓN DE ENFERMEDADES CRÓNICAS COMO PODEN SER O KRON.
☑️ E POR SUPOSTO, MANTENDO O ÚNICO PROGRAMA QUE HAI NA ACTUALIDADE, O DE DISCAPACIDADE.
E todo isto chegando o 1% da masa salarial, e non aportando a ridícula cantidade pouco mais de 20.000 euros, nun colectivo de máis de 2.500 funcionarios, cando no ano 2011 sobrepasou os 200.000 euros.

📣 SPJ-USO SEGUIRA LOITANDO POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.