PUBLICADA A CONVOCATORIA DUN POSTO POR CONCURSO ESPECÍFICO DE XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA EN FERROL

No DOG e BOE de hoxe publícase a Resolución do 21 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convoca para provisión, polo sistema de concurso específico, un posto de traballo do corpo de xestión procesual e administrativa na locadidade de Ferrol.

📣📣 O posto convocado é no centro de destino é SCT- TI de Ferrol con código  XG92580002150366001.09– Xestión – Xefatura de equipo da Área Civil, Familia, CA e Social

🔴 Xestión – Xefatura de equipo da Área Civil, Familia, CA e SocialComplemento Xeral de Posto anual 4.219,80 € – Complemento Específico anual 11.417,40 € .

🔴 Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no no Diario Oficial de Galicia e  Boletín Oficial del Estado.

🔴 As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o procedemento xenérico PR004A .Xunto coa solicitude deberase achegar a documentación acreditativa dos requisitos  exixidos e dos méritos alegados, os cales se deberán relacionar no modelo de solicitude (anexo IV) da convocatoria.

 Primeira fase: méritos xerais – máximo 36 puntos.

 Antigüidade: ata 24 puntos.

 Lingua galega: 12 puntos.

 Segunda fase: Méritos Específicos os do anexo I.  Máximo 24 puntos.

Amplía información e accede ao resto da Resolución no seguinte enlace:

🔗 DOG:

Haz clic para acceder a AnuncioG0759-220126-0002_gl.pdf

🔗 BOE:

Haz clic para acceder a BOE-A-2026-2353.pdf

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.