Publicacion da convocatoria de titores e resolucion curso selectivo Xestión Procesual, quenda libre

A Dirección Xeral de Xustiza remitiunos a seguinte comunicación:

O vindeiro luns (17) publicarase na intranet a resolución relativa ao curso selectivo xestión (acceso libre) e a convocatoria de titores de cuxos borradores vos derámos coñecemento o mes pasado.

As solicitudes para participar como titores segundo as bases desta convocatoria, realizaranse mediante presentación da instancia no modelo que se recolle no anexo I da convocatoria, sen que sexa preciso achegar documentación acreditativa dos extremos que recolle a instancia, pero que deberá estar dispoñible cando se lle requira. A falsidade ou ocultación de datos será motivo de exclusión automática.

As instancias enviaranse á Dirección Xeral de Xustiza, sita en Praza de Europa 5A, 4ºC.P. 15781, Santiago de Compostela (A Coruña), sen prexuízo da obriga de adiantalas por fax ao núm. 46 222.

A solicitude deberá estar autorizada polo secretario xudicial onde o funcionario presta os seus servizos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro día 31 de xaneiro de 2011.

Convocatoria titores

Resolucion plan estudos curso selectivo

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.