
A Dirección Xeral de Xustiza, tralas xestións realizadas e a consulta efectuada por SPJ-USO, ven de comunicarnos que tódolos traballador@s que solicitástedes o permiso por deber inexcusable no seu dia (a maioría solicitástedes ata o día 27 inclusive), NON TEDES QUE VOLVER SOLICITAR O PERMISO PARA AS SEGUINTES SEMANAS ATA QUE REMATE O ESTADO DE ALARMA, DADO QUE O PERMISO CONSIDÉRASE AUTOMÁTICAMENTE PRORROGADO.
Lembramos que o permiso debe solicitarse no modelo oficial ó efecto, e que deben de solicitalo para a exención dos servizos mínimos:
As persoas que padezan patoloxías que sexan susceptibles de agravarse polo contaxio do COVID-19:
· Diabetes. · Enfermidade cardiovascular (incluída hipertensión). · Enfermidade hepática crónica. · Enfermidade pulmonar crónica. · Enfermidade renal crónica. · Enfermidade neurolóxica ou neuromuscular crónica. · Inmunodeficiencia. · Embarazo. · Posparto (inferior a 6 semanas) e · Cancro.
Tamén quedarán excluídos das quendas de servizos esenciais aqueles funcionarios que se atopen na situación de deber inescusable para a atención de menores ou maiores que estean baixo a súa dependencia, e sempre e cando cumpran os requisitos para acollerse ao permiso correspondente.
No caso de que ambos os dous proxenitores ou responsables do menor ou do maior dependente teñan a condición de funcionarios en activo ao servizo das administrasolicitud-permiso-medidas-coronavirus_17.03.2020(1)cións públicas, non poderán gozar destas medidas simultaneamente.
En ambos casos, deberán remitir unha declaración responsable ao correo do servizo de persoal da xefatura territorial correspondente.
– A Coruña: servizo.xustiza.coruna@xunta.gal
– Lugo: persoal.presidencia.lugo@xunta.es
– Ourense: sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal
– Pontevedra: servizoxustiza.vi@xunta.es
Para calquer dúbida contacta co teu delegado sindical de SPJ-USO.
Aquí puedes acceder al modelo de la solicitud-permiso-medidas-coronavirus_17.03.2020(1)


















