
CHAMAMENTOS DE INTERINOS E COBERTURA DAS 7 PRAZAS DE REFORZO DAS QUE VOS INFORMAMOS NO DIA DE ONTE, E QUE VIÑA SOLICITANDO SPJ-USO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA.
Este mércores 24 de xaneiro de 2020 non foi posible a publicación a través do OPAX das prazas ofertadas do corpo de tramitación procesual e administrativa por non existir ningunha persoa na bolsa de traballo nin na bolsa de reserva dese corpo.
As prazas ofertadas son:
3 REFORZO CTPA FISCALIA DE PONTEVEDRA
3 REFORZOS CTPA FISCALIA DE VIGO
1 REFORZO CTPA XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN N. 2 DE REDONDELA
Segundo recolle o punto 5 do artigo 6 da orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, “ No caso de se esgotar tamén a bolsa de reserva, e mentres non se formen novas bolsas, ofreceráselles a posibilidade de aceptar voluntariamente o nomeamento aos integrantes da bolsa do corpo inmediatamente superior, e subsidiariamente aos do corpo inmediatamente inferior que posúan os requisitos exixidos para o posto concreto”.
Ofrecidas as prazas as persoas disponibles nos corpos de CXPA e CAX, a persoa disponible na bolsa de XESTION NON ACEPTA NINGUNHA DAS PRAZAS, E A PERSOA DISPONIBLE NA BOLSA DE AUXILIO XUDICIAL ACEPTA UNHA DAS PRAZAS DE REFORZO NA FISCALIA DE VIGO .
O Xoves 23 de xaneiro de 2020 CESA UNHA INTERINA NA BOLSA DE TRAMITACIÓN E O DIA 24 DE XANEIRO QUEDA DISPONIBLE NA BOLSA DE TRAMITACIÓN.
O MESMO DIA 24 DE XANEIRO OFRECENSELLE AS PRAZAS DISPONIBLES A PERSOA DISPONIBLE NA BOLSA DE TRAMITACIÓN E ACEPTA UNHA DAS PRAZAS DE REFORZO NA FISCALIA DE PONTEVEDRA .
Ao non existir ningunha persoa mais dispoñible nas bolsas do corpo inmediatamente superior ou inferior , nin ningunha persoa baremada fora da bolsa, acudirase para cubrir o posto ao servizo público de emprego da Comunidade Autónoma para cubrir os postos que quedan sen cubrir:
2 REFORZOS CTPA NA FISCALIA DE VIGO
2 REFORZOS CTPA NA FISCALIA DE PONTEVEDRA
1 REFORZO CTPA
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN N. 2 DE REDONDELA
SPJ-USO: FEITOS, non palabras!!!
Convocatoria de Auxilio Judicial que se ha remitido al BOE para su publicación el lunes 27 de Enero de 2020 y cuadro de plazas.

RESOLUCIÓN do 22 de Xaneiro de 2020 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a V Xornada de formación práctica dixital (E-martes).



















