PONTEVEDRA – EDIFICIO DE «A PARDA»: A Xunta anuncia (unha vez mais…) as melloras de acondicionamento previstas no edificio antigo dos xulgados da Parda.

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, reuniuse hoxe con representantes do sector xudicial de Pontevedra, segundo nota de prensa remitida ós medios, a pesar de que os funcionarios da Administración de Xustiza non tiñan representación na dita xuntanza por medio das organizacións sindicais, que non fomos «invitadas» nin «informadas». A xuntanza foi  para abordar os traballos previstos no decanato, no xulgado de garda, na subdirección do Imelga, no servizo de seguridade e nos despachos dos sindicatos.

Ademais do director xeral de Xustiza, como representantes da Administración de Xustiza de Pontevedra estiveron á xuíza decana de Pontevedra, Belén Rubido; o secretario coordinador provincial de Pontevedra, José Miguel Formoso Sobrado; e á subdirectora do Imelga en Pontevedra, Beatriz Otero (reiteramos que o colectivo mais amplo, os funcionarios da Administración de Xustiza (Xestores, Tramitadores, Auxilios e Médicos Forenses), non tivemos representación na citada xuntanza). 

O Director Xeral trasladou ós presentes as medidas de acondicionamento previstas no edificio antigo dos xulgados da Parda. En concreto, anunciou a próxima licitación por máis de 221.700 euros de actuacións neste inmoble nos espazos que ocupan a subdirección do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) en Pontevedra, o decanato e o xulgado de garda, o servizo de seguridade, e nos despachos dos sindicatos. Ademais, inclúen o pintado de parámetros interiores e das escaleiras de emerxencia.  

Entre os traballos previstos destacan a instalación de tomas de voz e datos e de paneis led nestas instalación ou o incremento nos sistemas de protección e medidas de seguridade, segundo se dixo. No caso do Imelga renovaranse os aseos e instalarase un termo eléctrico; no xulgado de garda levarase a cabo a renovación da climatización cunha nova bomba de calor e reformarase o espazo; mentres que no decanato destaca a substitución da carpintería interior de aluminio, incluído o acristalamento do mostrador.

Dende SPJ-USO celebramos se leven a efecto, ó fin, as actuacións anunciadas, algunhas delas reiteradas ducias de veces por este Sindicato SPJ-USO, mais estaremos vixiantes pola correcta execución dos traballos que, de novo, foron anunciados.

 

OPOSICIONS 2019: MODIFICACION DAS BASES COMUNS POR EXECUCION DE SENTENZA

spjinforma

No BOE de 23/03/2023 publicase a orde, por execución de sentenza, onde se modifican as bases comúns dos procesos selectivos aos corpos de funcionarios da Administracion de Xustiza das oposicions do 2019

📢🔊 Publicada no BOE  a Orde JUS/273/2023, do 15 de marzo, pola que, en execución da sentenza, se anulan as bases Quinta.2, Sexta.2 e Sexta.4 da Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo, pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para o acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza.

🔴 A modificación afecta a Base Sexta.2, quedando redactada coma segue: » Nos procesos selectivos de promoción interna dos citados Corpos a nota mínima suficiente do primeiro ou unico exercicio sera do 60% da posible»

🔴Permítese a reserva de nota da fase oposicion tamén do 60% da nota posible.

🔴 Esta resolucion non ten efectos retroactivos.

Acceso a publicación completa:

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2023-7518


							

ULTIMA HORA FOLGA DE LAX. A ABOGACÍA XERAL DO ESTADO AVALA CELEBRAR XUIZOS DURANTE A FOLGA.

A Abogacía Xeral do Estado avala a celebración de xuízos durante a folga de LAX se as partes están de acordo!!

📢🔊 A Abogacía Xeral do Estado ️ emitiu unha nota informativa na que avala a celebración de xuízos durante a folga dos letrados da Administración de Xustiza (LAX), sempre que as partes manifesten o seu consentimento e o maxistrado do caso así o acorde por resolución xudicial, ordenando a gravación da vista.

🔴 O uso de medios técnicos de gravación e reprodución non precisa da intervención dun LAX

📢🔊O comité de folga de LAX despois da reunion de onte mercores 22/03/2023 comunica a falta de acordo. 

➡️ Texto remitido polo Comité: ⤵️⤵️
👉 «El comité de huelga ha estado reunido hasta ahora. Han quedado citados para seguir mañana por la mañana. Aún están alejadas las posturas.»

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️
https://confilegal.com/20230322-la-abogacia-general-del-estado-avala-la-celebracion-de-juicios-durante-la-huelga-de-los-laj-si-las-partes-lo-acuerdan/?utm_medium=social&utm_source=whatsapp&utm_campaign=shareweb&utm_content=footer&utm_origin=footer

ADXUDICACIÓNS DAS ÚLTIMAS SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS ENTRE TITULARES

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de SUBSTITUCIÓNS, ofertadas o 15.03.2023

▪️ Amplía información e accede a resolucion:

Adxudicacións substitucións

CHAMAMENTOS DE INTERINOS – GALICIA – 22/03/2023

No día de hoxe, a Dirección Xeral de Xustiza autorizou chamamentos de persoal interino, para prestar servizos nos seguintes Órganos:

PROVINCIA DE A CORUÑA

☑️ XDO. DO PENAL N. 6 A CORUÑA – CXPA — I.T

☑️ XDO. DO SOCIAL N. 1 A CORUÑA – CTPA — I.T.

☑️ XDO. DO SOCIAL N. 6 A CORUÑA – CTPA — SUB. ENTRE TITULARES

☑️ REXISTRO CIVIL EXCLUSIVO A CORUÑA – CTPA– I.T.

☑️ XDO. DO SOCIAL N. 2 FERROL – CAX — I.T.

PROVINCIA DE LUGO

☑️ XDO. DE PR. INST. E INSTR. N. 2 MONDOÑEDO – CAX –I.T.

PROVINCIA DE OURENSE

☑️ XDO. PRIM. INST. E INSTR. N. 1 DE VERIN – CTPA — REFORZO

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

☑️ XDO. MERCANTIL N.2 PONTEVEDRA – CTPA — I.T.

☑️ XDO. INSTRUCCION Nº 8 VIGO – CTPA –I.T.

☑️ XDO. PR. INST E INSTR. Nº 2 MARIN – CTPA — SUBSTITUCION

☑️ XDO. PR. INST. E INSTR. Nº 3 DE PORRIÑO– CAX— I.T.