Mesa do Comité de Formación para o ano 2020.

Resultado de imagen de formacionMESA DE FORMACION 2020

SPJ-USO, como sindicato maioritario na Xustiza Galega, prioriza entre os seus obxectivos a FORMACIÓN de todo o colectivo de Xustiza. Por este motivo, na Mesa do Comité de Formación para o vindeiro ano , instou á Administración para que, dende un exercicio de responsabilidade e dunha vez por todas, destine os medios económicos e persoais necesarios para formación, como instrumento que garante un servizo publico de
calidade.

 SOLICITUDES DE SPJ-USO:

Reiteramos, na súa totalidade, as propostas formativas para o ano 2020:

Formación para a preparación de oposicións online, a través da Plataforma da EGAP.
ÚNICO SINDICATO QUE LEVA PEDINDO ESTA FORMACION DESDE HAI DOUS ANOS!

• A Formación Presencial inmediata para funcionarios que cambien de orde xurisdicional ou se incorporen provenientes doutras CCAA onde se traballa con aplicacións distintas, e tamén para interinos, en especial se non teñen experiencia previa.
• Formación en Primeiros Auxilios e Emerxencias; Formación continua en aplicacións xudiciais.
• Formación de Formadores.
• Incorporación de novos módulos, como poden ser un módulo xenérico adicado a reformas  lexislativas, que se producen cada ano en maior ou menor medida e outro relativo á lexislación sobre persoal ao servizo da Administración de Xustiza, onde se traten temas tanto de LOPJ, Regulamento Orgánico, como de Réxime de Clases Pasivas e Mutualidad Xeneral Xudicial…
• Solicitamos que se establezan novas sedes (polo menos nas cidades da Coruña, Lugo, Vigo, Pontevedra e Ourense) para a celebración dos correspondentes cursos e probas de avaliación e que para aqueles cursos e probas de avaliación que haxan de efectuarse en localidades diferentes do centro de destino do funcionario, que pola Xunta de Galicia abónense os gastos de desprazamento.
– Solicitamos unha regulación normativa de permisos retribuídos, dentro da xornada laboral, para todos aqueles funcionari@s que asistan a cursos e probas de avaliación polas tardes.
– Así mesmo, solicitamos explicacións da falta dos traslados seguintes, imprescindibles para elaborar un plan formativo:
• Do borrador do plan formativo que ten en mente a EGAP
• Do orzamento destinado a tal fin en relación cos anteriores anos.
• Dos datos estatísticos parciais correspondentes á formación do ano en curso,
• Da porcentaxe de interinos e titulares solicitantes dos cursos.

POLA SÚA BANDA, A ADMINISTRACIÓN MANIFESTA:

– Que o orzamento para o ano 2019 ascendeu á cantidade de 54.426 euros, e que para o ano 2020 a dita  cantidade debería aproximarse bastante.

– Que antes de que remate este ano trasladará toda a información actualizada cos datos estatísticos totais da formación do presente ano.

– Que facilitará unha listaxe coa porcentaxe de interinos e titulares que solicitan os cursos, así como os datos estatísticos de funcionari@s que remataron os cursos e os que non.
– Que axustará os cursos segundo a oferta e a demanda.
A Administración tamén manifesta:
1- Que a EGAP tivo bastantes dificultades este último ano coa descentralización das probas; nas catro capitais de provincia e Vigo tiveron problemas loxísticos e técnicos ao non posuír delegacións. Así mesmo manifestan que a descentralización cara a pobos pequenos faríase nunha fase posterior.
2- Que enviará unha proposta de formación na que engadirán algunha das solicitudes das O.O. S. S e en función de como encaixe o orzamento e de se é posible eliminar algún curso con moi baixa demanda, incorporará novos cursos e mesmo aumentar algunha edición como o curso de Reformas Lexislativas.
3- Respecto á formación para promoción interna aos Corpos Xerais da Administración de Xustiza, a Administración recoñece que é un deber, pero só para a formación dos xa funcionari@s, aínda que isto non queira dicir que non poida ampliarse nun futuro, pero comprométese a que de efectuarse será de calidade.
Neste apartado a Administración recoñece que tras unha experiencia piloto está a estudar o mecanismo para poder desenvolvela, ben a través dun concurso público ou ben a través dun “ Pull” (grupo) de formadores entre os propios funcionari@s, descartándose outras vías como a que utiliza o INAP por cuestións orzamentarias. Manifestan que non haberá partida orzamentaria específica para iso e que sairía da destinada á formación. Así mesmo, indican que teñen disposición de colgar temas para promoción interna ao corpo de Letrados, pero que ofrece maior complexidade ao tamén existir un exame de tipo oral.
4- A posibilidade de incorporar cursos de Primeiros auxilios de forma presencial e de Prevención contra agresións a funcionari@s.
5– A dificultade de impartir máis cursos en galego, xa que tamén necesitan colaboración de Política Lingüística.
6- Que están colaborando con AMTEGA para establecer un currículo vehicular que servirá para a carreira profesional e as RPTs.
7. Que están interesados en establecer convenios de colaboración en formación de idiomas a través das EE. OO.II., e que eses cursos estivesen homologados.

Los comentarios están cerrados.