MAIS «PAZ SOCIAL»: O MINISTERIO DE XUSTIZA INFORMA QUE O CONCURSO DE TRASLADO XERAL CORRESPONDENTE Ó 2025 SERÁ DIRECTAMENTE ELIMINADO…..

A «paz social» firmada por STAJ, CSIF, UGT E CIG permite ó ministerio a tranquila implantación dos Tribunais de Instancia e a maiores permítelle informar de que o Concurso de traslados Xeral (pobos e cidades) correspondente ó ano 2025, que xa tería que estar publicado será directamente eliminado e «aquí non pasa nada»…..

Logo da convocatoria da segunda parte do concurso correspondente ó ano 2024, e a pesar da pouca repercusión que tivo a información (supoñemos que como consecuencia da «paz social firmada») o Ministerio de Xustiza informou que o Concurso de Traslados correspondente a 2025, que aseguraba que convocaría antes de finais de ano, xa non será publicado.

Manifestan que no primeiro trimestre de 2026 publicarase o Concurso de traslados 2026 coa vontade, din, de que a partir do próximo ano se normalice a súa convocatoria dentro de devandito primeiro trimestre, como dispón a LOPX.

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖️ Galega!!!
FEITOS, non palabras!!!

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.