LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS DA ACCIÓN SOCIAL

ACCIÓN SOCIAL 2022

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2022 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no punto 4 da Resolución do 9 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2022 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral, ACORDA:

Primeiro. Aprobar as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

Segundo. As persoas interesadas terán un prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante este centro directivo.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220928/AnuncioV0654-190922-0004_gl.html

Los comentarios están cerrados.