INSTRUCCIÓNS ESPECÍFICAS RESPECTO A DESIGNACIÓN DO PERSOAL ENCARGADO DE REALIZAR SERVIZOS MÍNIMOS

RESOLUCIÓN DO DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA POLA QUE SE ESTABLECEN INSTRUCIÓNS ESPECÍFICAS RESPECTO A DESIGNACIÓN DO PERSOAL ENCARGADO DE REALIZAR OS SERVIZOS MÍNIMOS, CONTROL E SEGUIMENTO DA FOLGA CONVOCADA PARA OS DÍAS 4, 9, 10, 11, 16 e 18 DE MAIO ENTRE AS 00:00 HORAS E AS 23:59 HORAS NO ÁMBITO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALICIA

Instrucións específicas respecto da folga convocada entre as 00:00 h e as 23:59h dos días 4, 9, 10, 11, 16 e 18 de maio.

1º Información para o persoal que secunde a folga:
Non existe deber de comunicar, en ningún momento, a opción de secundar a folga. Con todo, e aos únicos efectos de realizar un adecuado seguimento desta, infórmase que o control realizarase a través da plataforma KRONOS. Así, o persoal que non fiche a entrada nos días da convocatoria, entenderase que salvo que teña algunha xustificación rexistrada, secunda a folga.

Para o persoal que se atope algún deses días traballando baixo a modalidade de
teletraballo, ou non dispoña de tarxeta identificativa, e non poida fichar a través da plataforma kronos, deberá comunicar esa incidencia ao seguinte correo electrónico con carácter previo aos días da convocatoria de folga:
xuridico.rrll.xustiza@xunta.gal


2º Establecemento de servizos mínimos:
Para facer efectiva a designación do persoal funcionario que debe prestar os servizos mínimos sinalados na Orde do 2 de maio de 2023 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga, seguiranse os seguintes criterios:

1. Con carácter xeral, cando haxa máis dunha persoa do correspondente corpo, así como no resto de supostos, para a designación das persoas encargadas de facer os servizos mínimos, seguirase un criterio de orde alfabética do primeiro apelido do persoal funcionario, comezando pola letra “Q”1.

2. No caso de que os servizos mínimos correspondan tanto a unha persoa do corpo de xestión como do corpo de tramitación, atenderase ao criterio da letra establecido no punto 1 con independencia do corpo ao que pertenzan, e polo tanto, sen que teña preferencia o corpo de xestión sobre o de tramitación.

3. Esa persoa designada terá como persoal substituto/a, a seguinte persoa á que lle correspondería segundo o establecido no punto anterior, e así sucesivamente,
salvo o establecido no punto seguinte.

4. No caso dos auxilios compartidos entre órganos ou seccións, corresponderalle ao funcionario/a de auxilio de cada sección ou xulgado con numeración par en
primeiro lugar, despois o impar, seguido do criterio da orde alfabética.
Desta forma trátase de garantir a rotación entre órganos para a prestación dos
servizos mínimos, independentemente do número de órganos e para garantir o
dereito á folga por igual. Así, como exemplo, con tres órganos do mesmo tipo,
inicialmente prestarán os servizos mínimos o primeiro día o persoal funcionario do nº2 e do 3. O día seguinte, o persoal do 1 e do 3, e o terceiro día do 1 e do 2. Este sistema busca garantir a rotación por igual.

Así mesmo, en relación á organización do servizo:

 Os servizos mínimos serán establecidos con periodicidade diaria, dado que se trata dunha folga convocada para días concretos.

 A persoa nomeada substituta será a persoa designada encargada de facer os
servizos mínimos no seguinte día e así sucesivamente.

 No caso de ausencias xustificadas do posto de traballo, a persoa designada será suplida pola seguinte persoa á que lle toque ser servizo mínimo. Nestes casos, esta suplencia non implicará cambios respecto do día no que lle corresponda exercer como servizo mínimo.

 Recórdase que tal e como establece a Orde do 2 de maio, os servizos mínimos
serán prestados en todo caso de forma presencial.

Accede as instruccións aquí:

Instrucións folga MAIO 2023 (1)

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.