INFORMACIÓN IMPORTANTE e DEFINITIVA SOBRE OS TRASLADOS NO EDIFICIO DE «A PARDA» EN PONTEVEDRA

INFORMACIÓN IMPORTANTE e DEFINITIVA SOBRE OS TRASLADOS NO EDIFICIO DE «A PARDA» EN PONTEVEDRA.

ℹ️➡️ A DXX, nunha nova mostra de desprezo absoluto para cos seus propios traballadores, non tivo a delicadeza tan sequera de informar ás organizacións sindicais do acordado sobre os traslados, pese a ser requerida a información por SPJ-USO.

📣📣 Tralas múltiples pesquisas, fontes consultadas por este Sindicato confírmannos que ó fin, o acordado é DEFINITIVO, e respecto dos traslados no Edificio antigo de A Parda:

🔴 Os traslados faranse na 🗓️ semana posterior a Semana Santa, semana do 6 ó 10 de abril para non interferir co periodo estival, e realizaranse en 2 ou 3 días máximo.

🔴 Na planta 1 quedarán os 3 Xulgados de Instrucción, ocupando o persoal da praza de Instrucción 3 a ubicación física que actualmente ocupa o persoal do antigo Xulgado do Penal número 1.

🔴 A pranta segunda será ocupada polos funcionarios pertententes a TRAMITACIÓN PENAL, incluído o antigo Xulgado de Menores e Vixiancia Penitenciaria, así como os Auxilios destes Xulgados.

🔴 A pranta terceira será ocupada polos funcionarios pertencentes a EXECUCIÓN PENAL.

🔴 E na pranta cuarta continuará a Fiscalía Provincial.

🔴 Prevese que os funcionarios do corpo de Auxilio se ubiquen nas salas que hai en tódalas prantas na entrada á dereita, coa excepción da pranta primeira (Instrucción) e dos auxilios de Menores e Vixiancia.

📣📣 RESPECTO DOS TRASLADOS RELATIVOS Ó NOVO EDIFICIO DE A PARDA (CIVIL, CONTENCIOSO, SOCIAL, MERCANTIL), prevese que o servizo de EXECUCIÓN se mudará á planta 4 do edificio, aínda que esa mudanza se prevé que se dilate no tempo por temas «burocráticos».

▪️ SPJ-USO Pontevedra: Manterémosvos puntualmente informados.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.