Imagen

IMPORTANTE!!! CORONAVIRUS!!!

Dende SPJ-USO vimos de solicitar medidas extraordinarias de Conciliación fronte ó Coronavirus, malia que apelamos á serenidade e á responsabilidade.

SPJ-USO solicita medidas extraordinarias de conciliación familiar e laboral para os casos dos traballadores da Xustiza galega afectados polo coronavirus, que teñan que coidar ós seus fillos ou persoas a cargo, ou cando, no seu caso, se suspendan as clases nalgún centro educativo, como está a ocorrer noutras CCAA.

E novamente SPJ-USO solicita formalmente a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde.

Igualmente vimos de solicitar que se dote ós Xulgados de Paz galegos de máquinas con gel desinfectante, ó igual que se vai a proceder nas demais sedes xudiciais, conforme solicitamos e informamos na seguinte imaxe, pois entendemos que a prevención non debe diferenciar entre os diferentes Xulgados, ó igual que o virus non fai diferenciacións.

coronavirus

Los comentarios están cerrados.