XESTIÓN QUENDA LIBRE: Publicáronse recentemente as plantillas provisionais do exame tipo test, polo que están pendentes de corrección os exercicios tipo test teórico e o práctico. Aínda sen data prevista.XESTIÓN PROMOCIÓN INTERNA: Pendente de corrección o segundo exercicio (práctico). Estamos moi atentos para comprobar que os cortes tan elevados fixados para o primeiro exercicio non se puxesen coa idea de que sobren prazas en ningún ámbito territorial. Esperamos ter noticias sobre mediados de abril.
TRAMITACIÓN QUENDA LIBRE: O último publicado é un cambio na “previsión” da data para realización dos exercicios, que quedou relegada ao 12 de maio. Queremos resaltar que aínda non existe convocatoria para o devandito día e que, aínda que emana do propio Ministerio de Xustiza, non deixa de ser unha simple previsión de data.
TRAMITACIÓN PROMOCIÓN INTERNA: En fase de baremación de méritos da fase de concurso. Segundo puidemos saber, aínda non empezaron a baremar os tribunais calificadores, o que se espera que o fagan a partir da próxima semana, así que paciencia…
AUXILIO XUDICIAL: Esta oposición atópase nun estado mesmo peor que a de Tramitación quenda libre, pois non hai previsión de data publicada polo Ministerio de Xustiza. Como xa vos informamos no seu día, barállase a data do 26 ó 27 de maio, pero perfectamente podería irse o exame a xuño.


















