EGAP – Actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2023 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero  para o persoal da Administración de xustiza de Galicia .

O Plan formativo en materia de igualdade para o ano 2023 continúa cunha oferta formativa conxunta para que todos os colectivos poidan acceder á formación con independencia da Administración a que pertenzan.

🔴   O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 4 de abril de 2023.

🔴 As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula&gt;, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

🔴  O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a dous.

🔴 Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades. No caso de que se comprobe con posterioridade que unha persoa realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

Amplía información, accede ao doga: ⤵️⤵️

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230328/AnuncioO150-200323-0001_gl.html

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.