ELECCIÓNS MUNICIPAIS: EXERCICIO DOS DEREITOS ELECTORAIS DO PERSOAL AO SERVIZO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ORDE do 26 de abril de 2023 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións convocadas para o día 28 de maio de 2023 polo Real decreto 207/2023, do 3 de abril, polo que se convocan eleccións locais e ás asembleas de Ceuta e Melilla.

Primeiro

1. O persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que o día das eleccións non goce do seu descanso semanal terá dereito a un permiso retribuído de ata catro horas libres para exercer o seu dereito ao voto, sempre que a súa quenda de traballo, o día 28 de maio de 2023, coincida, polo menos en catro horas, co tempo en que permanecerán abertas as mesas electorais. Cando o traballo se preste en xornada reducida, efectuarase a correspondente redución proporcional do permiso.

2. O persoal ao servizo da Administración pública de Galicia que teña previsto que na data da votación non estará na localidade onde lle corresponde exercer o seu dereito ao voto, ou que non poida exercer o dereito de sufraxio o día das eleccións, disporá, no seu horario laboral, de ata catro horas libres para que poida formular persoalmente a solicitude de certificación acreditativa da súa inscrición no censo, que se recolle no artigo 72 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de réxime electoral xeral, así como para a remisión do voto por correo.

Segundo

1. O persoal nomeado presidenta/e ou vogal de mesas electorais e as/os que acrediten a súa condición de interventoras/es teñen dereito, durante o día da votación, a un permiso retribuído de xornada completa se non gozan en tal data do descanso semanal, e a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior.

2. As/os que acrediten a súa condición de apoderadas/os teñen dereito a un permiso retribuído durante o día da votación, se non gozan nese día do descanso semanal.

3. A acreditación do persoal nomeado presidenta/e ou vogal de mesas electorais ou da condición de interventoras/es ou de apoderadas/os realizarase mediante a achega da oportuna xustificación documental na correspondente dirección ou xefatura de persoal.

Terceiro

O persoal ao servizo da Administración pública de Galicia que se presente como candidata/o ás eleccións que terán lugar o vindeiro 28 de maio poderá ser dispensado, logo da súa solicitude, da prestación do servizo nas súas respectivas unidades durante a campaña electoral, é dicir, desde as cero horas do venres 12 de maio de 2023 ata as vinte e catro horas do venres 26 de maio de 2023. A competencia para a concesión do referido permiso corresponderalle á secretaría xeral técnica de cada consellería.

Accede a resolución aquí:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230505/AnuncioG0597-270423-0001_gl.html

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.