EGAP. PROGRAMACION DE CURSOS DE AUTOFORMACION

No Dog de hoxe convocase con caracter extraordinario o programa  de autoformación. Compre lembrar que as persoas que desexen participar no programa de autoformación dispoñen de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra: por unha banda poden acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP, tal e como se prevé no anexo I. Por outra banda, poden solicitar presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II que lle ofrecen a posibilidade de acreditar a súa competencia mediante a obtención dun certificado de equivalencia.

A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 20 de decembro.

Prazo de presentación de solicitudes para as probas de avaliación: ata o 14 de octubre.

Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e ata o 20 de decembro de 2022.

O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

 O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base oitava do anexo II.

Accede ao contido das actividades e das probas de autoevaluación no seguinte enlace👇🏻

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220927/AnuncioO150-190922-0001_gl.html

 

Los comentarios están cerrados.