EGAP: CURSO MONOGRÁFICO COVID-19 E DEREITO PÚBLICO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2023 pola que se convoca o curso monográfico COVID-19 e dereito público: ensinanzas para o futuro.

Persoas destinatarias

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza, das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como profesionais e persoas interesadas en xeral.

Desenvolvemento

Lugar: salón de actos da EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Modalidade: presencial.

Datas: 25 e 26 de maio de 2023.

Horario: de mañá e tarde o día 25; só de mañá o día 26.

Horas lectivas: 10.

Número de prazas: Limitado pola capacidade do local.

Inscrición

1. As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula&gt;. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deben introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo co requirido e establecido na base terceira desta resolución respecto das persoas destinatarias.

3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte, contado desde que se detecte o feito.

4. As persoas interesadas deberán seleccionar, primeiro, a área en que está integrada esta actividade (Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas) e, despois, seleccionar en nome do curso: curso monográfico COVID-19 e dereito público: ensinanzas para o futuro.

5. O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 21 de maio de 2023.

Poderá obterse calquera outra información a través do correo electrónico <novas.egap@xunta.gal> ou, das 9.30 ás 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

Accede a resolución aquí:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230505/AnuncioO150-260423-0001_gl.html

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.