A UNED xa publicou os cursos do seu programa de ensino aberto e de especialización para o curso 2008-2009. Como estes cursos son impartidos por un centro oficial contan para a promoción interna (e é posible, que tamén conten para os concursos de traslado específicos se nos atemos ao Regulamento de Ingreso). Por iso, poñémosvos a continuación unha selección dos cursos sobre materias xurídicas e que vos poden interesar.
Duración dos cursos: 6 meses (dende decembro de 2008 a maio de 2009). Equivalen a 120 horas lectivas (12 créditos).
Matrícula: dende o 8 de setembro ao 31 de outubro de 2008
Para acceder ao texto integro pulsar neste link
Para obter mais información sobre os cursos visitar a web da U N E D