
RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias EOI de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27.
O prazo presentación de solicitudes será:
– Desde o 🗓️ 29 de xuño ata o 10 de xullo do 2026, para o primero cuatrimestre.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo: www.eoidigital.com/preinslinguagalega .
O proceso de inscrición non se considerará correctamente completado ata que as persoas seleccionadas presenten toda a documentación requirida, como se especifica no punto quinto desta resolución.
Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a documentación que se especifica nos puntos sétimo ( para os cursos LAG) e décimo segundo desta resolución( para os cursos de preparación obtención dos celga)
Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.
▪️ Amplía información e accede ós cursos: ⤵️⤵️
🔗https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260623/AnuncioG0761-150626-0001_gl.html


















