Nas previsións anuais de accións formativas da Xunta de Galicia en materia de formación en lingua galega, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Secretaría Xeral de Política Lingüística establecen a súa colaboración a través dun acordo económico co obxecto de normalizar o uso do galego na Administración de Xustiza.
O ciclo de formación en lingua galega para a Administración de Xustiza está estructurado en dous niveis específicos, medio e superior de linguaxe xurídica galega.
No marco do citado acordo ANÚNCIASE a organización de CURSOS DE DE LINGUAXE XURÍDICO GALEGO niveis MEDIO e SUPERIOR.
Destinatarios: Maxistrados, Xuíces, Fiscais, Secretarios Xudiciais, Médicos Forenses, funcionarios dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, de Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial que na data deste anuncio estean a prestar servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de presentación de instancias finaliza o vindeiro día 7 de maio.