Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos de Médicos Forenses.
Producida ou próxima a producirse a vacante, e apreciada a necesidade e idoneidade cobertura mediante comisión de servizos, procede anunciar a convocatoria para a súa provisión de acordo co previsto no artigo 5 da Resolución do 19 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de xustiza, pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.
Solicitantes:
Poderá participar o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calqueraámbito territorial e que estea en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover, sempre que transcorrese un ano desde a toma de posesión do últimoposto de traballo obtido, ben por concurso de traslados, ben por ser persoal de novo
ingreso.
O persoal funcionario que á data da publicación desta convocatoria estea
desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución, poderá participar na convocatoria sempre que leve máis dun ano na comisión de servizos ou substitución respectiva.
Prazo e modo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza
(http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo).
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución do 19 de decembro de 2025.
Postos de traballo ofertados
Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Santiago de Compostela.
Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Pontevedra.
Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Ferrol
ACCEDE A RESOLUCIÓN: https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/documents/non-indexar/36153/212063/260121-resolucion-comisions-servizo.pdf?version=1.0


















