Archivos de la categoría REXISTRO CIVIL

REXISTRO CIVIL.-regulación, horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.

 

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil seguintes:

A Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Os horarios que se establezan deberán respectar, en todo caso, o horario de audiencia pública.

A apertura das oficinas dos rexistros civís das cidades en horario de mañá e tarde das 9.00 ás 18.00 horas, con participación voluntaria dos empregados públicos.

O horario de apertura das oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra, que este será ininterrompido das 9.00 ás 18.00 horas de luns a venres e das 10.00 ás 13.00 horas os sábados, especificando que a atención directa á cidadanía durante esta franxa horaria se organizará a través de quendas voluntarias e incentivadas.

O horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra seguinte:

➡️ Xornada e horario incentivado
✔️A xornada nestas oficinas realizarase mediante a presenza obrigada do persoal entre as 9.00 e as 14.30 horas de luns a venres , e deberá cumprir ademais sete horas e media semanais, que se prestarán, en quendas, de luns a venres das 14.30 ás 18.00 horas e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas

➡️Tempo de descanso obrigatorio O persoal funcionario dos órganos que teñan atribuídas as competencias sobre rexistro civil, que, en función da distribución da quenda, realicen unha xornada das 9.00 ás 18.00 horas, interromperán obrigatoriamente o seu traballo durante unha hora, entre as 14.30 horas e as 16.30 horas, para a comida. Este descanso, que non se computará como tempo de traballo, organizarase tamén en quendas, de modo que se garanta a apertura ininterrompida da oficina das 9.00 ás 18.00 horas.

➡️ Retribución económica
▪️55,41 € por cada xornada vespertina de luns a venres.

▪️92,33 € por cada xornada de sábado.

➡️ Entrada en vigor Esta resolución entrará en vigor coa entrada en funcionamento da Nova Oficina Xudicial, o 31 de decembro de 2025.

ℹ️▶️O número de persoal funcionario necesario para a prestación do servizo nos horarios especiais sería o seguinte segundo localidades:

▪️ A Coruña 3
▪️Vigo 3                                                                                                                                      ▪️Ferrol 2
▪️Santiago de Compostela 2                                                                                                   ▪️Lugo 2                                                                                                                               ▪️Ourense 2
▪️Pontevedra 2
(Numero máximo de funcionari@s do servizo en xornada vespertina de lunes vernes e sábado pola maña)

▪️Accede ao doga:👇👇
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251215/AnuncioG0759-051225-0003_gl.html

COMISIÓNS DE SERVIZO E SUBSTITUCIÓNS – NOVA NORMATIVA E NOVO RECORTE DOS NOSOS DEREITOS

ℹ️➡️ A DXX, nun novo alarde de autoritarismo e prepotencia, non acolle practicamente ningunha das alegacións sindicais respecto da nova normativa de COMISIÓNS DE SERVIZO E SUBSTITUCIÓNS, e continúa co seu afán de RECORTAR DEREITOS, remitíndonos a versión definitiva das resolucións de comisión de servizos e substitucións tras ser oídas (pero sen negociar realmente…) as organizacións sindicais na mesa sectorial do pasado 2 de decembro.

📣 Acóllense neste caso, entre outras, para o novo recorte dos nosos dereitos nas sentencias «logradas» por UXT e a CIG no TSXG.

🔴 Infórmannos igualmente que as resolucións de VSM e de Rexistro Civil, xa iniciaron a súa tramitación de cara á súa próxima aprobación e publicación.

ACCEDE Á NOVA NORMATIVA COMISIÓNS DE SERVIZO 2026

ACCEDE Á NOVA NORMATIVA SUBSTITUCIÓNS 2026

⚫ Resolución do x de xxxxx do 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:28d1b65f-b948-4727-a048-9d585fa19297

Complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en materia de violencia sobre a muller

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:e4f4ed4b-3d45-4fca-b439-35f518c6bbe9

REGISTRO CIVIL. INSTRUCCIÓN DE LA DGSJFP PARA EL TRASLADO DE INSCRIPCIONES.

 

En el BOE de hoy se ha publicado la siguiente instrucción:

 

Registro Civil

Instrucción de 23 de julio de 2025, de la Dirección General de Seguridad Jurídica y Fe Pública, sobre la realización del traslado de inscripciones realizadas de conformidad con la Ley de 8 de junio de 1957, del Registro Civil, a registros individuales.

IMPORTANTE : CONVOCATORIA DE MESA SECTORIAL XUSTIZA DE GALICIA PARA O DÍA 2-06-2025

Acabamos de recibir convocatoria a unha reunión da Mesa sectorial de xustiza, o próximo día 2 de xuño, ás 10:30 h coa seguinte:

 

ORDE DO DÍA

🔴 Aprobación da acta da sesión anterior.
🔴 Propostas de RPT da Fase III.
🔴 Proposta do proceso de REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS.
🔴 Proposta de anteproxecto de regulamento do IMELGA.
🔴 Rogos e preguntas.

Como documentación a valorar na Mesa xúntase a seguinte:

☑️ Borrador da acta da Mesa sectorial do 14 de maio.

☑️ Folla de cálculo coa proposta de RPT das oficinas xudiciais da Fase III.

 RPT_OFICINAS XUDICIAIS FASE 3

☑️ Borrador da proposta de méritos a considerar nas RPT para os distintos postos singularizados.

Proposta meritos Postos Singularizados Fase III

☑️ Borrador de resolución coa RPT das oficinas xerais do Rexistro civil da Fase III.

Proposta RPT OFICINA XERAL DO REXISTRO CIVIL – FASE III

☑️ Borrador da proposta do proceso de reorganización da Fase III.

Proposta_PROCESO REORDENACIÓN FASE III_para negociación

☑️ Borrador do anteproxecto de regulamento do IMELGA previo ao inicio da tramitación para a súa aprobación.

Borrador Anteproxecto Decreto IMELGA

CORRECCIÓN DE ERRO NA RPT DA OFICINA XERAL DO REXISTRO CIVIL DE BANDE (OURENSE)

No DOG de hoxe 8 de maio, publícase a Resolución do 23 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de postos de traballo das oficinas xerais do Rexistro Civil, fase I, pola que se corrixe o erro* advertido nas RPTS publicadas onte referentes a Oficina xeral do Rexistro Civil en Bande (Ourense):

*Engaden a RPT do Xestor/a