ℹ️➡️ Tal como difundimos dende SPJ-USO onte luns 19/1, en 2026 correspóndennos 10 días de asuntos particulares mais canosos, a pesar de que na OPAX, pendente de rectificación consten 11 dias.
🔴 A DXX ven de comunicar vía correo electrónico que por erro, na OPAX, aparecían 11 días como permiso de asuntos particulares correspondentes ó ano 2026 cando conforme ó artigo 3.f da RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o réxime e o procedemento da concesión de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, “f) Incorporarase un día adicional de asuntos persoais por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola Comunidade Autónoma, cando coincidan en sábado no dito ano”, como así ocorre co 🗓️ 15 de agosto en 2026.
⚫ Respecto do 25 de xullo, sendo festivo autonómico, en aplicación do artigo anterior, non corresponde un día a maiores de asuntos particulares, a pesar de ser unha vella reivindicación de SPJ-USO que tódolos festivos que coincidan en sábado xeren dereito a un día a maiores de asuntos particulares, sexan festivos AUTONOMICOS (25 DE XULLO) e tamén locais (como pasa en Pontevedra por exemplo en 2026 co 11 de xullo).
📣📣 SPJ-USO seguirá loitando para a consecución da dita reivindicación, e animamos a outros sindicatos, algún dos cales en canto se percatou do erro na opax se “adiantou” a decir que habían conseguido un día mais de asuntos particulares confundindo así ós traballadores, animámolos a que se sumen á nosa reivindicación en vindeiras mesas de negociación tal como fixo este sindicato nas últimas mesas de permisos e licencias de 2024.
▪️ SPJ-USO: Sempre ben informados.
SPJ-USO ⚖️: Os teus DEREITOS, o noso TRABALLO!!!
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...