IMPORTANTE: PRAZAS A OFERTAR PARA O CORPO DE XESTIÓN DE NOVO INGRESO EN GALICIA‼️ REUNIÓN DE TRABALLO COA DXX DE 30/5!!!
➡️A DXX convocou a SPJ-USO e demais organizacións sindicais a unha xuntanza de traballo que se celebrou no dia de hoxe para solucionar o desaguisado provocado polo Ministerio de Xustiza, polos que nos representan na mesa nacional e pola propia DXX, en relación as prazas a ofertar aos opositores aprobados na última convocatoria.
🔴 Consistirán en 72 plazas vacantes e 18 prazas en adscripción provisional tal e como vos indicamos fai uns días, e as tomás de posesión seguramente serán despois do verán.
🔴As 72 prazas son as seguintes:
👉prazas a ofertar xestores aprobados
🔴As 18 prazas restantes sairán dunha relación de prazas que están pendentes de negociar coas organizacións sindicais.
🔴Todos os participantes poderán solicitar as prazas en CONDICIÓNS DE PLENA IGUALDADE segundo os criterios establecidos no art. 28.2 do Real Decreto 1451/2005, de 7 de decembre, polo que se aproba o Regulamento de Ingreso, Provisión de Puestos de Trabajo… onde se indica que os funcionarios de novo ingreso que opten por postos con carácter provisional deberán tomar parte no primeiro concurso de traslados que se convoque no que se oferten prazas do ámbito territorial no que se atope destinado provisionalmente, e terán preferencia para obter posto na CCAA de Galicia, e non na localidade onde se atopen destinados de forma provisional
🔴 Os funcionarios en adscripción só poderan solicitar, no concurso de traslados, prazas dentro da CCAA de Galicia e queda pendente de negociar a súa participación en comisións, sustitucións e do tempo que permanecerán conxelados unha vez obtida a praza no concurso de traslados
⚫ Dende SPJ-USO esixiremos máxima transparencia e uns criterios claros e coherentes na adxudicación das prazas.
▪️ Manterémosvos puntualmente informados.
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...