Archivos de la categoría INTERINOS

OS CHAMAMENTOS DE INTERINOS DO VINDEIRO MÉRCORES 23 SERÁN POLA VELLA BOLSA: CONVOCADA COMISIÓN PARITARIA PARA O MARTES 22!!!

spjinforma

⚠️⚠️ A DXX CONVOCA COMISIÓN PARITARIA DE INTERINOS PARA O MARTES 22‼️

📢🔊 OS CHAMAMENTOS DE INTERINOS DO VINDEIRO MÉRCORES 23 SERÁN POLA VELLA BOLSA‼️
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

ℹ️➡️ A DXX, en virtude do artigo 4 da ORDE do 6 de marzo de 2026 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia convoca a Comisión paritaria de interinos ao efecto de dar conta do estado de elaboración das bolsas de persoal interino segundo o disposto na Resolución do 13 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza para o próximo 🗓️ martes 22 de setembro ás 12:00 horas.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

 

CHAMAMENTOS INTERINOS.- 16.09.2026

 

A Dirección Xeral de Xustiza autorizou chamamentos de persoal interino para que presten servizos nos seguintes órganos, que relacionamos por provincias:

 

 A CORUÑA

FORA DO OPAX:

LUGO

PONTEVEDRA

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DAS NOVAS BOLSAS DE INTERINOS e ENTRADA EN VIGOR DAS MESMAS‼️

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DAS NOVAS BOLSAS DE INTERINOS e ENTRADA EN VIGOR DAS MESMAS‼️

 

Ante os múltiples rumores e malinformacións que están a circular, dende SPJ-USO, INFORMÁMOSVOS:

  • Os próximos chamamentos de interinos deste  mércores 16 de setembro serán en todo caso pola bolsa actual (a vella).
  • Fontes da DXX infórmannos que non poden polo momento precisar a data exacta de publicación das listaxes definitivas das novas bolsas, que en todo caso será «en breve», pois están traballando nelo.
  • Entrada en vigor das novas bolsas: As listas definitivamente aprobadas entrarán en vigor o día seguinte ao da súa publicación e substituirán as listas vixentes, que quedarán anuladas nesa mesma data, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.

 Con todo, e de acordo co artigo 10 da Orde do 6 de marzo de 2026, o persoal que á entrada en vigor estea prestando servizos como persoal funcionario interino seguirá desempeñando o posto de traballo ata que proceda o seu cesamento.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

IMPORTANTE INTERINOS – O VENRES 🗓️ 11 de setembro FINALIZA O PRAZO PARA ELEXIR TELEMATICAMENTE, UN ÚNICO CORPO E PROVINCIA DA NOVA BOLSA‼️

IMPORTANTE

 INTERINOS 

O VENRES 🗓️ 11 de setembro FINALIZA O PRAZO PARA ELEXIR TELEMATICAMENTE, UN ÚNICO CORPO E PROVINCIA DA NOVA BOLSA‼️
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

ℹ️➡️ Lembrade que o día  11 de setembro, venres, é o último día do prazo para elexir telematicamente, no seu caso, UN ÚNICO CORPO E PROVINCIA; de non facelo, enténdese que desisten de tódalas suas solicitudes.

✔️ Cada persoa solicitante só poderá formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia, de acordo co previsto no artigo 10 da Orde do 6 de marzo de 2026, polo que no caso de que estea incluída en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberá seleccionar aquela única na que desexe quedar.

✔️ Se non o fai, entenderase que desiste de todas as súas solicitudes.

✔️ A elección deberá realizarse telematicamente a través do formulario dispoñible na aplicación informática. Unha vez cuberto o formulario, deberá presentarse de xeito electrónico a través da OPAX.

☑️ As persoas que unicamente solicitaran formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a dita elección.

⚫ LISTAS DEFINITIVAS.
Rematado o prazo para formular a elección prevista no punto anterior, a Dirección Xeral competente en materia de Xustiza aprobará as bolsas definitivas de persoas seleccionadas para cada corpo e provincia, ordenadas por puntuación, que se publicarán no sitio web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e mais na intranet de Xustiza.

⚫ ENTRADA EN VIGOR DAS LISTAS.
As listas definitivamente aprobadas entrarán en vigor o día seguinte ao da súa publicación e substituirán as listas vixentes, que quedarán anuladas nesa mesma data, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.

👉 Con todo, e de acordo co artigo 10 da Orde do 6 de marzo de 2026, o persoal que á entrada en vigor estea prestando servizos como persoal funcionario interino seguirá desempeñando o posto de traballo ata que proceda o seu cesamento.

▪️ Amplía información e accede ás listaxes publicadas: ⬇️
🔗 https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/xustiza/persoal/interinos

CHAMAMENTOS DE INTERINOS GALICIA  09/09/2026

CHAMAMENTOS DE INTERINOS GALICIA 09/09/2026

A CORUÑA

  • SCX A CORUÑA-REXISTRO.- REPARTICION E ASUNTOS XERAIS.- VACANTE .- CAX

FORA DE OPAX.-

  • SERVIZO COMUN DE TRAMITACION DO TI DE RIBEIRA.- IT.- CHAMAMENTO TELEFONICO.- CTPA
  • SCT TI DA CORUÑA-PENAL.- SUBSTITUCIÓN.- CHAMAMENTO TELEFONICO.- CTPA
  • SCT TI DE FERROR (EQUIPO CIVIL, FAMILIA, ca E SOCIAL) FERROL.- SUSTITUCIÓN.- CHAMAMENTO TELEFÓNICO.- CTPA.
  • SCEX DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CIVIL, SOCIAL, CA, FAMILIA, INFANCIA E CAPACIDADE, SUSTITUCION.- CHAMAMENTO TELEFONICO.- CTPA

LUGO.- NON HAI CHAMAMENTOS

OURENSE

  • SERVIZO COMUN DE TRAMITACION DO TI DE BARCO DE VALDEORRAS.- DESOCUPADO LIBERACION SINDICAL.- CTPA CHAMAMENTO TELEFONICO.- CTPA
  • SCX DE OURENSE.- REXISTRO E REPARTICION DE ASUNTOS XERAIS.- DESOCUPADO POR SUBSTITUCIÓN .- CAX

PONTEVEDRA

  • SCT TI DE VIGO, CIVIL, FAMILIA, INFANCIA E CAPACIDADE E MERCANTIL, VACANTE.- CXPA
  • SCT TI DE VIGO- CIVIL, FAMILIA, INFANCIA E CAPACIDADE E MERCANIL, CTPA, Desocupado por substitución.- CTPA
  • SCX DE PONTEVEDRA.– REXISTRO- REPARTICION E ASUNTOS XERAIS, VACANTE.- CAX.