Archivos de la categoría XORNADA E HORARIO NA XUSTIZA GALEGA

O calendario laboral do 2019 permitirá ata oito pontes

CALENDARIO LABORAL 2019.doc.jpg

PREME NA IMAXE PARA VER O calendario do 2019 permitirá á Xunta mover dúas datas para manter como festivo o venres 17 de maio, Día dás Letras Galegas, como xa é habitual. E, do mesmo xeito que ocorreu noutras ocasións, o 19 de marzo, Día do Pai, que cae en martes. O Goberno autonómico exerce así a potestade para mover dous festivos tradicionais que o próximo ano coinciden en domingo: o día de Reyes (6 de xaneiro) e o da Inmaculada (8 de decembro). A estas dúas datas sumarase, tras o visto e prace do Consello Galego de Relacións Laborais, o 25 de xullo como Día Nacional de Galicia, un xoves; e tamén o Xoves Santo, que será o 18 de abril.

A normativa establece catorce días de descanso: doce marcados polo Estado e dous elixidos polos concellos, que deberán aprobalos nos seus respectivos plenos municipais. Nove deles son obrigatorios, e só intercambiables se caen en domingo. No 2019 son: o 1 de xaneiro (martes); Venres Santo (19 de abril); o Día do Traballo (1 de maio, mércores); a Asunción (15 de agosto, xoves); Día da Hispanidade (12 de outubro, sábado); Todos os Santos (1 de novembro, venres); a Constitución (6 de decembro, venres); e Nadal (25 de decembro, mércores).

HORARIO DE VERÁN. COMEZA O LUNS 18

Resultado de imagen de horario de veranConforme vos temos informado, a DXX acaba de publicar na INTRANET nota sobre o horario de verán que reproducimos literalmente:

Comunícase que o programa de control horario, dende o vindeiro 16 de Xuño ata o 15 de setembro de 2018 permitirá que o fichaxe de xornada laboral no horario flexible podase realizar de luns a venres dende as 7.30 horas ata as 9.00 horas.

Lémbrase  que o tempo fixo continuado de obrigada presencia é de cinco horas e media, de luns a venres, entre as 8.30 e as 14.30 horas, de tal forma que a xornada laboral non poderá rematar antes das 14.00 horas.

Durante a xornada de verán, o control horaro do persoal que realiza prolongacións de xornada adaptarase para aplicar unha redución equivalente (2 horas e media  semanas)á que se aplica ao persoal que non realiza prolongació de xornada.

 

:

 

 

 

FICHAR AS 7.30 E REDUCIR AS PROLONGACIÓNS DE XORNADA NA TEMPADA DE VERÁN XA FOI CONSEGUIDO POR SPJ-USO NO 2017

IMG-20170612-WA0003.jpg

ESCRITO PRESENTADO POR SPJ-USO SOLICITANDO A REDUCCIÓN  Logo de acadar que a Dirección Xeral de Xustiza modificase o horario de verán para permitir a fichaxe desde as 07:30 horas, desde SPJ-USO xa anunciamos desde o pasado mércores que non nos rendíamos e seguíamos loitando por mellorar as condicións dos nosos compañeiros e compañeiras na xornada estival.

Finalmente, a nosa actuación(os escritos presentados, que podedes ver no noso blogue spjusogalicia@wordpress.com, xunto co anuncio de mobilizacións, e as xestións e presións levadas a cabo día a día na propia Dirección Xeral de Xustiza) provocou que a Administración tamén accedese a variar o réxime horario das prolongacións de xornada durante a vixencia do horario de verán, de xeito que o persoal só teña que cumprir 37,5 horas semanais, e non 40 como ocorría ata agora.

Coma sempre, SPJ-USO seguirá loitando pola mellora das condicións laborais do noso colectivo.

SPJ-USO

SINDICATO MAIORITARIO NA XUSTIZA GALEGA

FEITOS, NON PALABRAS

SEMANAS GRANDES ABRIL 2018

PREME PARA DESCARGAR OU AMPLIAR NA IMAXE

image.jpeg

A DXX REITERA A SUSPENSIÓN PROVISIONAL DA BOLSA DE HORAS

Resultado de imagen de BOLSA DE HORASA DXX reitera na intranet a suspensión provisional da bolsa de horas para o ano 2018.

Poñemos en coñecemento  que aquel exceso e horas traballadas de forma voluntaria durante o ano 2017 que non fora compesado con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018, poderá compensarse ata o 31 de xaneiro de 2018.

ver publicación da Resolución