Archivos de la categoría COMISIÓNS DE SERVIZOS

PUBLICADO LISTADO ADXUDICACIÓNS PROVISIONAIS COMISIONS DE SERVIZO – 07/04/2026

COMISIÓN DE SERVIZOPublicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería de Presidencia e Xustiza e (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados o 🗓️ 26/3/26.

Contra a dita resolución provisoria, as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3⃣ días hábiles.

▪️ Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️
🔗 https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/documents/non-indexar/36153/212063/260407-adxudicacion-provisional.pdf?version=1.1

IMPORTANTE: ENTRADA EN VIGOR DA NOVA ORDE DE INTERINOS E NOVIDADE NA APLICACIÓN UNILATERAL POR PARTE DA DXX DO CESE DE INTERINOS POR CAMBIO DE SITUACIÓN OU MOTIVO DA PRAZA CUBERTA e SITUACIÓN DAS SUBSTITUCIÓNS E COMISIÓNS DE SERVIZO NO MESMO SUPOSTO

📢🔊 IMPORTANTE: ENTRADA EN VIGOR DA NOVA ORDE DE INTERINOS E NOVIDADE NA APLICACIÓN UNILATERAL POR PARTE DA DXX DO CESE DE INTERINOS POR CAMBIO DE SITUACIÓN OU MOTIVO DA PRAZA CUBERTA e SITUACIÓN DAS SUBSTITUCIÓNS E COMISIÓNS DE SERVIZO NO MESMO SUPOSTO‼️

ℹ️➡️ Unha vez mais, confírmase a forma de actuar unilateral, sen previa negociación e tan sequera comunicación ós legales representantes dos traballadores, os Sindicatos, por parte da Dirección Xeral de Xustiza.

📣📣 Pois ben, o pasado 🗓️ mércores 25 de marzo, tivemos coñecemento que a DXX deu orde ás 4 delegacións provinciais de aplicar o cese de interino por cambio de situación ou motivo de cobertura da praza.

👉 O dito cese estábase a aplicar no suposto das substitucións entre titulares dende o ano 2021 por aplicación de sentencia do TSXG de febreiro de dito ano, e non se aplicaba nin as Comisións de Servizo nin ós interinos.

👉 A día de hoxe segue sen aplicarse ás comisións de servizo, pero si se aplicará o cese no caso de cambio de situación ou motivo nas substitucións, por aplicación da citada sentenza, e nos interinos, por aplicación supletoria do Trebep, tal como acaba de impoñer a DXX, e xa están aplicando as 4 delegacións dende o pasado 25 de marzo.

⚠️⚠️ Pois ben, o artigo 18 da nova Orde de Interinos regula os cesamentos do persoal interino, establecendo como causa de cese, entre outras, 👉 “calquera outra causa prevista na normativa vixente”; en virtude do anterior, o artigo 10 do Estatuto Básico do Empregado Público (Trebep), na regulación dos funcionarios interinos, establece no seu punto 3, apartado d, como causa de cese de interino: 👉 “d) Por la finalización de la causa que dio lugar a su nombramiento”. Este é o apartado ó que se acolle a DXX para, dende a entrada en vigor da nova Orde de Interinos, aplicar o cese por cambio de situación/motivo.

🔴 Aproveitamos igualmente para aclarar, ante as múltiples dúbidas que nos estades a plantexar, que a Orde de 8 de marzo de 2026 sobre selección e nomoeamento de persoal interino entrou en vigor ó día seguinte á súa publicación no Dog, ou sexa, o mércores 18 de marzo, independientemente de que está pendente a convocatoria das novas bolsas e a formación das mesmas.

▪️ Para calquera dúbida ou aclaración non dubides en contactar co teu Delegado sindical de SPJ-USO

NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO 26/03/2026

NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO 26/03/2026

 

 

ℹ️➡️ Hoxe publícase na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión en Comisión de Servizo de postos de traballo entre persoal funcionario da Administración de Xustiza.

🔗https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:31c17149-d819-49ce-be7b-f899317533cf

📣📣 SOLICITUDES TELEMÁTICAS NO PRAZO DE 5⃣ DIAS HÁBILES.

🔴 Solicitantes: persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.

👉 Será REQUISITO LEVAR UN ANO DENDE A TOMA DE POSESIÓN NO POSTO ACTUAL, ben sexa obtido en Concurso de Traslados ou ben en Comisión ou Substitución

🔴 Prazo e modelo para presentar ás solicitudes: 5⃣ días hábiles a partir do día seguinte á publicación.

👉 Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2025 da DXX.

Coa solicitude débese adxuntar (ou acreditar que se solicitou) o informe do superior funcional, así como no seu caso, informe do órgano competente da Comunidade respectiva ou do Ministerio de Xustiza (https://spjusogalicia.com/comisions-de-servizo-aclaracions-e-solucion-de-incidencias-para-a-presentacion-das-solicitudes-documentacion-necesaria-e-modelos-para-solicitudes-e-emision-de-informes/)

🔴 NORMATIVA 2026 DE COMISIÓNS DE SERVIZO: 🔗 https://spjusogalicia.com/publicada-no-dog-a-nova-normativa-de-comisions-de-servizos/

▪️ Amplía información e accede á resolución e ás prazas ofertadas: ⤵️⤵️
🔗 260326_Resolución comisións servizos

COMISIÓNS DE SERVIZOS – GALICIA ➖ 🗓️ 4/3/26 ➖ PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA

Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería  https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados o 18/2.

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:dfbdf5d7-81cd-4b5a-b2b9-5a5abaf62dd4

👉 A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

👉 En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

🔴 Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

▪️ Accede ás adxudicacións definitivas: ⤵️

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:dfbdf5d7-81cd-4b5a-b2b9-5a5abaf62dd4

PUBLICADO LISTADO ADXUDICACIÓNS PROVISIONAIS COMISIONS DE SERVIZO – 26/2/2026

COMISIÓN DE SERVIZOPublicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería de Presidencia e Xustiza e (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados o 🗓️ 18/2/26.

Contra a dita resolución provisoria, as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3⃣ días hábiles.

▪️ Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:46b1e06e-ad17-4f28-9c6c-aedade54319d