Archivos de la categoría ACCIÓN SOCIAL

PUBLICACIÓN RESOLUCIÓN LISTAXES DEFINITIVAS ACCIÓN SOCIAL 2025

No DOG de hoxe 21/10/2025 publícase a RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

🔴 Polo carácter reservado dos datos que figuran nas listaxes, as persoas interesadas poden consultala na OPAX co seu certificado dixital ou co usuario e contrasinal.

 

Sigue leyendo

ACCIÓN SOCIAL programa de discapacidade 2025 – PUBLICACIÓN NO DOG DAS LISTAXES DEFINITIVAS O 21/10‼️

ℹ️➡️ A publicación da «Resolución do 13 de outubro de 2025 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do Fondo de Acción Social do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia» está prevista para o 🗓️ 21/10/2025.

 As cantidades que se percibirán serán as seguintes:
☑️ Tramo 1 do 33 % ao 64 %: 92,45 €
☑️ Tramo 2 do 65 % ao 74 %: 184,90 €
☑️ Tramo 3 do 75 % en diante: 369,81 €

📣 A data de pagamento será ao longo do mes de novembro.

😡😡 Dende SPJ-USO denunciamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar outros programas de acción social como son fillos, estudios, transporte, etc.
Igualmente SPJ-USO segue manténdose firme na loita pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.

👉 POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA‼️

ACCIÓN SOCIAL 2025 : LISTAXES DEFINITIVAS

Hoxe día 10 de outubro 2025  mantivemos reunión coa DXX na cal se nos deu a coñecer os datos das LISTAXES DEFINITIVAS das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano en curso.

Os datos definitivos que nos proporcionou a DXX son os seguintes:

  • NÚMERO TOTAL DE SOLICITUDES PRESENTADAS:  147  (corresponden a 156 beneficiarios)
  • SOLICITUDES ADMITIDAS:  133
  • SOLICITUDES DENEGADAS :  14

* Houbo 9 alegacións das que se admitiron 8

As cantidades que se percibirán serán as seguintes:

  • Tramo 1 do 33 % ao 64 %:          92,45  €
  • Tramo 2 do 65 % ao 74 %:        184,90 €
  • Tramo 3 do 75 % en diante:    369,81  €

Asimesmo, a DXX infórmanos de que no día de hoxe será remitido o DOG.

A data de pagamento será ao longo do mes de novembro.

Dende SPJ-USO denunciamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar outros programas de acción social como son fillos, estudios, transporte, etc.

Igualmente SPJ-USO segue manténdose firme na loita pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.

POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!!

CONVOCATORIA DA COMISIÓN DE ACCIÓN SOCIAL 2025 PARA O DÍA 10/10/2025


A DXX convoca a comisión de acción social 2025, que se celebrará a través do sistema de videoconferencia o próximo venres 10/10/2025 as 9:30 horas.

Manterémosvos puntualmente informados.

😡😡 SPJ-USO POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA XA‼

 

PUBLICACIÓN NO DOG DA RESOLUCIÓN  POLA QUE SE APROBAN AS LISTAXES PROVISIONAIS DAS SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DAS AXUDAS DO FONDO DA ACCIÓN SOCIAL 2025

PUBLICACIÓN NO DOG DA RESOLUCIÓN  POLA QUE SE APROBAN AS LISTAXES PROVISIONAIS DAS SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DAS AXUDAS DO FONDO DA ACCIÓN SOCIAL 2025

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no punto 4 da Resolución do 5 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral ACORDA:

Primeiro. Aprobar as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

Segundo. As persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.

▪️ Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️🔗

DOGA RESOLUCIÓN APROBAN LISTAXES PROVISIONAIS DAS SOLICITUDES ADMITIDFAS E EXCLUIDAS DA ACCIÓN SOCIAL 2025