
- Lembrade que desde o día seguinte á súa publicación disporedes de 10 días hábiles para a subsanación de defectos.
- Polo carácter reservado dos datos que figuran na listaxe, as persoas interesadas poden consultala no OPAX co seu certificado dixital ou co usuario e contrasinal.
Dende SPJ-USO lamentamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar programas de acción social como son axuda por fillos, por estudios, transporte, etc.
Igualmente seguiremos loitando pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.
POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!!