ACCIÓN SOCIAL programa de discapacidade 2025 – PUBLICACIÓN NO DOG DAS LISTAXES DEFINITIVAS O 21/10‼️

ℹ️➡️ A publicación da «Resolución do 13 de outubro de 2025 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do Fondo de Acción Social do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia» está prevista para o 🗓️ 21/10/2025.

 As cantidades que se percibirán serán as seguintes:
☑️ Tramo 1 do 33 % ao 64 %: 92,45 €
☑️ Tramo 2 do 65 % ao 74 %: 184,90 €
☑️ Tramo 3 do 75 % en diante: 369,81 €

📣 A data de pagamento será ao longo do mes de novembro.

😡😡 Dende SPJ-USO denunciamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar outros programas de acción social como son fillos, estudios, transporte, etc.
Igualmente SPJ-USO segue manténdose firme na loita pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.

👉 POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA‼️

Comentarios cerrados.