Archivo diario: 12/02/2026

ÚLTIMA HORA RESPECTO DA PUBLICACIÓN DE TRAMITACIÓN CONCURSO DE MÉRITOS E CONCURSO DE TRASLADOS 2024-2 DOS POBOS

O Ministerio de Xustiza informa:


🔴 ESTABILIZACIÓN TRAMITACIÓN CONCURSO DE MÉRITOS:

A publicación no BOE dos destinos vai ser o día 🗓️ 19/2 e non o 17 como se informou.
👉 O Ministerio, no seu territorio, informa que si vai conceder o permiso da Disposición Adicional 5ª do Regulamento .

CONCURSO DE TRASLADOS 2024-2 DOS POBOS:

Informan que teñen previsto resolvelo aproximadamente dentro de 1 mes….. veremos…..
👉 Posteriormente á resolución publicaríase o Concurso de Traslados Xeral 2026.

O TRIBUNAL SUPREMO, MEDIANTE SENTENZA DA SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO, SECCIÓN 4 DE DATA 14-1-2026 FIXA XURISPRUDENCIA E DECLARA QUE NON PROCEDE Ó COBRO DAS GARDAS NAS SITUACIÓNS DE INCAPACIDADE TEMPORAL, VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS

SPJUSO INFORMA DE QUE RECENTEMENTE SE PUBLICOU A SENTENZA DA SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DO TS NA QUE SE FIXOU A SEGUINTE DOUTRINA XURISPRUDENCIAL: 

 

Doutrina xurisprudencial fixada:

* As retribucións por garda do persoal de Xustiza teñen carácter especial e extraordinario.
* Só se devengan cando o servizo de garda se realiza efectivamente e se acredita formalmente.
* Non procede o seu abono durante períodos de incapacidade temporal, vacacións, permisos ou licenzas.

▪️ Amplía información e accede á sentenza íntegra: ⤵️

SENTEZA TRIBUNAL SUPREMO

ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS –12/02/2026

PUBLICADA A RESOLUCIÓN COAS ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS  12/02/2026 ‼


ℹ️➡️ Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a última convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas o 04 de febreiro pasado.

ACCEDE Á RESOLUCIÓN

IMELGA – COMISIÓNS DE SERVIZOS GALICIA 12/02/2026: PUBLICADA ADXUDICACIÓN DEFINITIVA

IMELGA: COMISIÓNS DE SERVIZOS – GALICIA ➖ 📆 12/02/2026 ➖ PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA‼️

ℹ️➡️ Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados.

ACCEDE Á RESOLUCIÓN

👉 A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

👉 En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

🔴 Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase
interpoñer recurso de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente no prazo de dous meses. Ambos os dous prazos contaranse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e máis na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
(https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo)

PUBLICADO LISTADO ADXUDICACIÓNS PROVISIONAIS COMISIONS DO 04 /02 /2026

COMISIÓN DE SERVIZOPublicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería: (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados o 🗓️ 4/2/26.

Contra a dita resolución provisoria, as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3⃣ días hábiles.

▪️ Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:39e2558a-7426-4e59-b65c-44a8baaa8060