
PUBLICADA A NOVA NORMATIVA DAS QUENDAS DO REXISTRO CIVIL das 7 CIDADES GALEGAS‼️
No Boe de hoxe 15-02-2024 publicouse a RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas do Rexistro Civil da Coruña, de Vigo, de Santiago de Compostela, de Ferrol, de Lugo, de Ourense e de Pontevedra.
Esta resolución será de aplicación mentres non se aproben as respectivas relacións de postos de traballo do persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia que presten servizos no Rexistro Civil Único da Coruña e no de Vigo, así como nos órganos xudiciais que teñan adscrito o rexistro civil nas cidades de Santiago de Compostela, de Ferrol, de Lugo, de Ourense e de Pontevedra que voluntariamente opten por unha xornada de mañá e tarde incentivada economicamente, e coas compensacións horarias que se establezan nesta resolución.
🔴 Nº de funcionarios/as integrantes da quenda / Nº de funcionarios/as do servizo en xornada vespertina de luns a venres e sábados pola mañá:
☑️ A Coruña 8 – 3
☑️ Vigo 8 – 3
☑️ Ferrol 4 – 2
☑️ Santiago de Compostela 4 – 2
☑️ Lugo 4 – 2
☑️ Ourense 4 – 2
☑️ Pontevedra 4 – 2
🔴 No caso de non reunirse o número mínimo de integrantes das quendas establecido no número anterior entre o persoal que preste o seu servizo no órgano que teña adscrito o rexistro civil ou de deixar de existir este por renuncia ou cesamento no centro de destino do persoal integrante, poderáselle ofertar a posibilidade de integrar as devanditas quendas ao persoal funcionario que o teña solicitado segundo o modelo do anexo da resolución no mesmo momento en que se produza a dita vacante.
🔴 A xornada nestas oficinas realizarase mediante a presenza obrigada do persoal das 9.00 ás 14.30 horas de luns a venres, e este deberá cumprir, ademais, sete horas e media semanais, que se prestarán en quendas de luns a venres das 14.30 ás 18.00 horas e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas.
🪙 A quenda retribuirase con 53,80 € por cada xornada vespertina de luns a venres e con 89,64 € por cada xornada de sábado.
Accede a Resolución completa no seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240215/AnuncioG0690-070224-0001_gl.html
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...