Archivo mensual: octubre 2022

NOVAS SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS 19/10/2022

SUBSTITUCIÓNS

 

ℹ️➡️ Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza

 

 

(https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería

https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.

🔴 Modelo de solicitude: Anexo II.

👉 Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es
👉 Mentres non se habilite a opción de solicitude á través de OPAX , ou en caso de fallo acreditado do sistema, as solicitudes faranse conforme ao anexo II, e se for o caso a documentación ou alegacións, deberán presentarse na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/) mediante o modelo ou solicitude xenérica co código PR004A

🔴 As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.
👉 O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.
👉 Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪️ Accede á normativa 2022 que regula as substitucións: https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2022/06/SUBSTITUCIONS-normativa-2022-x.pdf

🔴 Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

▪️ Accede á resolución e ás SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS. ⤵️⤵️

20221019__ResolucionNovas_Subst

 

AUTORIZADOS CHAMAMENTOS DE PERSOAL INTERINO 19/10/2022

CHAMAMENTOS DE PERSOAL INTERINO 19 DE OUTUBRO DO 2022

 

A CORUÑA:

XESTION.-

  • Xulgado de Paz de Ames.  Vacante.
  • Xulgado de Paz de Camariñas.  I.T.
  • Xulgado de Instrución 1 de Ordes.  I.T.

TRAMITACION.-

  • Xulgado do Mercantil n.3 de A Coruña. IT.
  • Xulgado do Social 1 de Ferrol.  SUBSTITUCION

AUXILIO

  1. Xulgado do Penal 1 de A Coruña.  IT
  • Xulgado  Mixto N 1. de Arzúa.-  IT.

PONTEVEDRA:

XESTION.- 

  • Xulgado do Mercantil n. 2 de Pontevedra .-  SUBSTITUCION

TRAMITACIÓN.- 

  • Xulgado contencioso administrativo n. 3 Pontevedra .-SUBSTITUCION.
  • Xulgado  de Primeira Instancia e Instruccion n 2 de Vilagarcia de Arousa.-   Reforzo
  • Xulgado Primeria Instancia e Insrucción N.2 de Cangas. SUBSTITUCION.
  • Xulgado Primeira Instancia numero 10.- Vigo.- IT
  • Xulgado Instrucción N. 8 de Vigo.-  SUBSTITUCION
  • Xulgado Primeira Instancia e Instrucción n. 1 de Marin.- REFORZO

LUGO:

XESTION.-

  • Xulgado de Primeira Instancia numero 3 de Lugo.- IT

TRAMITACION.-

  • Imelga . IT
  • Xulgado Mixto 1 de Mondoñedo .- IT

AUXILIO

  • Xulgado Mixto 2 de Monforte de Lemos.- IT
  • Xulgado do Contencioso Administrativo 2 de Lugo.- I

 

O 25 DE OUTUBRO COMEZA UNHA NOVA CONVOCATORIA DA ACTIVIDADE “Curso de reforzo da AXE 2022 (en liña)»

Formación | O 25 de outubro comeza unha nova convocatoria da actividade “Curso de reforzo da AXE 2022 (en liña)” para as persoas que non puideron realizala nas anteriores edicións

O vindeiro martes 25 de outubro ábrese unha nova convocatoria da actividade Curso de Reforzo da AXE 2022 (en liña) na Plataforma de Teleformación de Xustiza, destinada a todas aquelas persoas que non puideron realizala na edición asignada ao seu órgano.

A actividade, que comeza o día 25/10/2022 en formato de automatrícula, terá unha duración de 17 días naturais. Para realizar o proceso de automatriculación será preciso introducir unha chave que se enviará mediante correo electrónico ao órgano o día anterior de que comece a actividade (24/10/2022). Aquí tes dispoñible o proceso de matriculación paso a paso.

Podes acceder ao curso e automatricularte, o martes 25 de outubro, a través desta ligazón.

https://formacion-xustiza.xunta.gal/

ADXUDICACIÓNS DAS SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS O 11/10/22

SUBSTITUCIÓNS

➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖
📢🔊 Adxudicacións das SUBSTITUCIÓNS ofertadas o 11/10/22‼️
➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖

 

ℹ️➡️ 19/10/2022 – Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas o 1/10/22.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️

20221018_Resolucion adxudicación substitucións

PENDIENTE DE PUBLICACIÓN EN EL BOE.- LA CONVOCATORIA DE LA BOLSA DE TRABAJO DE LETRADOS DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA

Se publicará próximamente en el BOE, después de mucho retraso, la convocatoria de las bolsas de trabajo de Letrad@s sustitut@s de la Administración de Justicia.

Una vez publicado se abrirá el plazo de 15 días hábiles para presentar las solicitudes y su correspondiente documentación.

ACCEDE A LA RESOLUCION (pendiente de publicación)

Convocatoria bolsa LAJs sustitutos 2022