Archivo diario: 26/03/2019

SPJ-USO INFORMA: CONVOCADAS NO DÍA DE HOXE AS BOLSAS DE INTERINOS.

Resultado de imagen de bolsas de interinos justiciaNo día de hoxe publicase no DOG a resolución pola que se convocan bolsas de traballo para persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles desde a publicación no DOG, polo que o prazo de presentación das mesmas rematará o día 16 de abril de 2019.

Para máis información adxuntamos enlace o DOG e un pequeno resumo do máis salientable da nova bolsa.

 ENLACE O DOG

CUESTIONS MAIS IMPORTANTES DA NOVA BOLSA DE INTERINOS 

SPJ-USO INFORMA: ÚLTIMA HORA OPOSICIÓNS OEP 2017/18

Resultado de imagen de oposicionesEn principio esperábase que no BOE do pasado venres 22 de marzo, se publicasen as convocatorias das oposicións por Promoción Interna dos Corpos de Xestión Procesual e Tramitación Procesual, con apertura do prazo para presentar as instancias, pero segundo informa o Ministerio de Xustiza: As convocatorias de promoción interna no se publicaron no Boletín Oficial do Estado porque a Dirección Xeral de Función Pública aínda non puxo en marcha, de forma efectiva, a plataforma desde a cal se poderá acceder e inscribirse nos procesos selectivos de promoción interna.

O Ministerio de Xustiza informa que é máis que previsible que se publique no Boletín Oficial do Estado esta semana do 25 ó 30 de marzo, pois xa se atopan asinadas polo Secretario Xeral da Administración de Xustiza, e unha vez se poñan en marcha por Función Pública os accesos á plataforma para os procesos de promoción interna.

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS NIVEIS CELGA 1,2,3 e 4.

Resultado de imagen de cursos celgaNo día de onte publicouse no DOG a convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis CELGA 1,2,3 e 4.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes a contar dende o día seguinte a publicación no DOG. 

Para máis información adxuntamos enlace coa convocatoria dos mesmos:

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019 (código de procedemento PL500C).