Archivo diario: 15/12/2017

A DXX SUSPENDE PROVISIONALMENTE A BOLSA DE HORAS

Resultado de imagen de bolsa de horasA DXX ven de darnos traslado da Resolución pola que se suspenden provisionalmente as previsións contidas no art. 10 da Resolución do 12 de febrero de 2014 (bolsa de horas), para que no prazo de 5 días naturais realicemos as alegacións oportunas, baixo o pretexto da “previsible” aprobación da modificación da LOPX na que se recollería a devolución dos 3 días de asuntos propios que aínda non recuperamos.

SPJ-USO por suposto presentará alegacións esixindo que en todo caso, a bolsa de horas siga vixente ata que dita modificación non sexa efectiva.

Ver documento enviado abaixo

SUSPENSION BOLSA DE HORAS

 

 

Publicación Substitucións entre titulares, 15 DE DECEMBRO

Resultado de imagen de Publicación substitucións entre titulares

Prazo de presentación de solicitudes: 18, 19 e 20 de decembro de 2017

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal.

Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme o anexo II bis

Avisos de desocupación.

 ENVIAR: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222

PRAZAS A CUBRIR:

Subdirección Territorial do Imelga Santiago de Compostela
Motivo da desocupación: Comisión de Servizos Corpo: CTPA

Xdo. 1ª Instancia e Instrución núm. 1 – Ordes
Motivo da desocupación: Liberación sindical Corpo: CTPA

Xdo. 1ª Instancia núm. 10 – Vigo
Motivo da desocupación: Vacante Corpo: CXPA