Archivo diario: 25/05/2016

ART. 21 DA ORDE CALENDARIO LABORAL 2016

SPJINFORMA55

SPJ USO presentou escrito ante a Dirección Xeral solicitando que se dite á maior brevidade, e en todo caso antes do 1 de xuño, a correspondiente instrucción ás Delegacións Provinciais,  aclarando que, consonte co establecido no artigo 21 da Orde sobre a xornada, horarios e calendario laboral das oficinas da Administración de xustiza en Galicia para o ano 2016, os empregados/as públicos con fillos/as, descendentes ou persoas suxeitas á súa tutela ou acollemento de ata doce anos de idade teñen dereito a acollerse á xornada intensiva de verán no período desde o 1 de xuño e ata o 30 de setembro de cada ano, pudendo exercer tamén este dereito no ano en que o menor cumpra a idade de doce anos.

VER ESCRITO PRESENTADO

CALENDARIO LABORAL - circular 21

Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitucións

98e3c-logo_intranet_xustiza-compressor

HOXE NA INTRANET PUBLICANSE NOVOS AVISOS  DE DESOCUPACIÓN DE POSTOS QUE SE OFERTAN PARA A SÚA COBERTURA MEDIANTE SUBSTITUCIÓN ENTRE TITULARES E LISTAXE COAS ADXUDICACIÓNS DAS ÚLTIMAS PRAZAS OFERTADAS PARA A SÚA COBERTURA.
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura ensubstitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.
MODELO ANEXO II
PRAZO: 25, 26 e 27 de maio de 2016
Anticipar por fax: núm. 981 54 62 22
A CORUÑA
XDO. DO PENAL NÚM. 6 – A CORUÑA
Corpo: Tramitación procesual e administrativa
Motivo: Liberación sindical
XDO. CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚM. 1 – A CORUÑA
Corpo: Xestión procesual e administrativa,  Motivo: Licenza por enfermidade
DECANATO. SERVIZO DE NOTIFICACIÓNS E EMBARGOS – FERROL
Corpo: Auxilio xudicial,  Motivo: Licenza por enfermidade
XULGADO DE INSTRUCIÓN NÚM. 3 – FERROL
Corpo: Xestión procesual e administrativa , Motivo: Licenza por enfermidade
OURENSE
XULGADO 1ª INSTANCIA NÚM. 5 – OURENSE
Corpo: Xestión procesual e administrativa , Motivo: Vacante
XDO. PENAL NÚM. 2 – OURENSE
Corpo: Xestión procesual e administrativa, Motivo: Vacante
PONTEVEDRA
XDO. 1ª INSTANCIA NÚM. 11 – VIGO
Corpo: Auxilio xudicial, Motivo: Licenza por enfermidade
XDO. 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚM. 1 – VILAGARCÍA DE AROUSA
Corpo: Tramitación procesual e administrativa, Motivo: Vacante.

PUBLICACIÓN LISTAXE COAS ADXUDICACIÓNS DAS ÚLTIMAS PRAZAS OFERTADAS PARA A SUA COBERTURA

VER LISTAXE