Publicouse a Resolución do 12 de febreiro de 2014 pola que se ditan instrucións relativas ao uso da tarxeta de identificación persoal, ao control do cumprimento da xornada e horarios de traballo e mais á tramitación das solicitudes de vacacións, permisos e licenzas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Esta resolución entra en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación nesta intranet xudicial (07.03.2014), agás as previsións relativas á sinatura electrónica da tramitación das incidencias, que entrarán en vigor o día 15.04.2014, data na que estarán listas as modificacións da aplicación informática para a súa xestión. Sigue leyendo


















