Archivo diario: 28/04/2010

Listaxes provisionais de admitidos e excluidos as bolsas de traballo de Médicos Forenses

Na páxina web da DXX publicase a Resolución do 26 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as listaxes provisionais de excluídos e admitidos para a formación das bolsas de traballo de médicos forenses interinos do Instituo de Medicina Legal de Galicia (Imelga).

Neste post non podemos poñer os enlaces directos aos listados xa que ao ter cambiado a configuración da páxina web da DXX isto non é posible. Para acceder a estes podedes ir á páxina web da DXX

Cesamento dos interinos que non teñen titulación

Pola DXX deusenos traslados do correo electrónico enviado aos Departamentos Territorias con algunhas cuestións referentes á transición das anteriores bolsas de interinos ás actuais.

A disposición transitoria 13ª da Lei Orgánica 19/2003 de modificación da Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPX) emprazou ás  Administracións territoriais competentes para proceder a regularizar a situación dos funcionarios interinos que desempeñasen un posto de traballo nos Corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza sen reunir os requisitos  de titulación académica que na actualidade esixe o artigo 475 da LOPX. O prazo establecido en dita disposición transitoria venceu no periodo que intermediou entre a aprobación da bolsa de interinos levada a cabo a través da Resolución da Dirección Xeral de Xustiza de 2005 e a Resolución de aprobación das novas bolsas de onte, 26 de abril de 2010.

É por iso que con motivo da aprobación das novas bolsas resulta imprescindible regularizar a situación das ditas persoas, que seguirá o seguinte procedemento:

1º Determinación das persoas afectadas

2º Notificación e concesión dun prazo de dez días para que poidan acreditar que a día da data si teñen a titulación académica esixible

3º) Determinación do periodo de vacacións pendentes de goce

4º) Fixación da data de cesamento.

Cómpre precisar que esta cuestión afecta exclusivamente as persoas que están traballando como auxiliares (o auxiliadores) xudiciais interinos sen o título de graduado en ESO, como tramitadores interinos sen o título de graduado en Bacharelato e xestores interinos sen o titulo de Diplomado Universitario. Son situacións que proceden das bolsas de interinos de 2002 e incluso anteriores.

Cuestión diferente é a das persoas nomeadas ao abeiro das bolsas de 2004-2005 que non estean incluídas nas bolsas novas, ou que estean en corpo diferente. Estas persoas continuarán no seu posto ata que se dea algún dos supostos de feito previstos para o cesamento (incorporación do funcionario titular, finalización da medida de reforzo, etc.).

Compendio de Cuestiones sobre Nueva Oficina Judicial (1ª Parte)

El día 11 de enero de 2010 se constituyó en Madrid la Comisión Jurídica Asesora para la Implantación de la Nueva Oficina Judicial (CAJ-NOJ), de ámbito estatal, de la que forman parte cuatro Magistrados designados por el Consejo General del Poder Judicial y cuatro Secretarios Judiciales nombrados por el Ministerio de Justicia, y que cuenta con el apoyo de técnicos de ambas instituciones.

La Comisión Jurídica Asesora con la que ha finalizado la primera parte de sus trabajos, en la que se ha planteado un total de 42 cuestiones de naturaleza técnico-jurídica, relativas a la labor de los Jueces y Secretarios Judiciales en la aplicación de las reformas procesales aprobadas para la implantación de la Nueva Oficina Judicial, ofreciendo en cada una de ellas una serie de recomendaciones que son fruto de intensos trabajos y debates en el seno de la misma: la celebración y grabación de las vistas, la situación transitoria con motivo de la entrada en vigor de las reformas el próximo día 4 de mayo, la dación de cuenta, los señalamientos, entre otras cuestiones.

Para acceder al compendio pulsa sobre la imagen