SPJ-USO ESIXE A APERTURA DOS GRAOS EXTRAORDINARIOS 1 E 2 DE CARREIRA PROFESIONAL E A SÚA EFECTIVIDADE O 1/1/24

SPJ-USO ESIXE Á DXX UNHA SOLUCIÓN INMEDIATA PARA  OS TRABALLADOR@S QUE  SE ATOPAN FÓRA DO GRAO CORRESPONDENTE DE CARREIRA PROFESIONAL SEGUNDO O ACORDO ASINADO O 28/10/22

O 28 de outubro de 2022 aprobouse o acordo entre a Xunta de de Galicia e as Organizacións Sindicais para o desenvolvemento do Sistema transitorio do Recoñecemento da progresión na traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza.

NO PUNTO QUINTO DO ACORDO EN RELACIÓN AO SISTEMA ORDINARIO DE RECOÑECEMENTO DA TRAXECTORIA PROFESIONAL  ESTABLÉCESE:

No prazo de seis meses desde a sinatura deste acordo, a Administración proporalle á Comisión de Seguimento o desenvolvemento regulamentario do sistema ordinario de recoñecemento dá traxectoria profesional, para posteriormente ser negociado na Mesa Sectorial de Xustiza.

 Xa no derradeiro  trimestre do ano e con escaso tempo de manobra para negociar, desenvolver e publicar as bases para a solicitude do Grao Ordinario antes de final de ano, e debido á complexidade da negociación deste sistema a nivel autonómico,  desde SPJ-USO queremos DENUNCIAR a discriminación que están a sufrir compañeir@s  que se atopan prexudicados ao non poder acceder a este sistema extraordinario  tal e como recollía o acordo asinado. Compañeiros  que vindo no último concurso de traslados con antigüidades superiores a 5 anos, e  compañeiros que por un  mes ou dous non puideron acceder ao grao correspondente na  derradeira convocatoria de acceso, atópanse nunha situación  discriminatoria e inasumible segundo o regulamento orgánico e retributivo dos corpos da administración de xustiza.

É importante apuntar que   o número de traballadores que viñeron no último concurso de traslados  con máis de cinco anos de antigüidade así como aqueles que cumpriron neste ano os requisitos para solicitar o recoñecemento de carreira profesional non é elevado;  por tanto débese solucionar este tema coa apertura inmediata dun grao extraordinario 1 e 2 para evitar problemas xurídicos e de índole xudicial.   Recoñecemento  e acceso á  carreira profesional  con efectos 1 de xaneiro de 2024 para  traballador@s que contan cunha antigüidade  profesional de máis de cinco anos, con formación e coñecementos adquiridos  na Administración.

SPJ-USO: Sindicato PIONEIRO, IMPULSOR E FIRMANTE DA CARREIRA PROFESIONAL!!!    FEITOS, non palabras!!!

Accede á NOTA INFORMATIVA CARREIRA OUTUBRE 2023

Accede ó ESCRITO APERTURA GRAO EXTRAORDINARIO 1 E 2 DE CARREIRA PROFESIONAL PRESENTADO

Accede ó Xustificante de presentación -PR004A-20231011

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.