NO DOG do hoxe, xoves 16 de marzo, publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2017 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, do que vos resumimos os puntos mais destacados.
Poderán participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución:
- Os empregados públicos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria.
- Os membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.SOLICITUDES:
- O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
- As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes (día 17 de marzo) e ata as 14.00 horas da data de finalización (dia 26 de marzo). As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación
- O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco.
Para consultar íntegra a convocatoria, accede a través do noso blogue, ou contacta cos nosos Delegados


















