
Recordámosvos que dende o DÍA 13 ATA O 24 DE NOVEMBRO ábrese o prazo para a presentación das solicitudes nos Cursos de Linguaxe Administrativa Galega niveis medio e superior e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega Celga, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
SOLICITUDES E PRAZOS DE INSCRICIÓN:
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo http://www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Os cursos do segundo cuadrimestre comezarán o día 19 de febreiro e rematarán o 28 de abril de 2024.
Para ampliar información consulta a Resolución no DOG, pica aquí.


















