No DOG e no BOE de hoxe véñense de publicar dúas resolucións polas que se resolven as convocatorias de libre designacións para proveer un posto de traballo polo sistema de libre designación, un posto de traballo do corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza en Pontevedra máis outra tamén por libre designación dun posto de traballo de subdirector/a no Instituto de Medicina Legal de Galicia en A Coruña.
⚠️ O prazo de toma de posesión será de 3, 8 ou 20 dias hábiles (un mes se é de Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla) e empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución.
Podedes acceder as citadas resolucións no DOG E BOE premendo nos seguintes enlaces:
⏺️DOG TRAMITACIÓN RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de libre designación, efectuada pola Resolución do 15 de xaneiro de 2026 pola que se convoca, para a provisión polo sistema de libre designación, un posto de traballo do corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza.
▶️ BOE TRAMITACIÓN – Convocatoria de libre designación, para el Cuerpo de Tramitación Procesal y Administrativa de la Administración de Justicia, efectuada por Resolución de 15 de enero de 2026.

⏺️ DOG IMELGA RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Instituto de Medicina Legal de Galicia, anunciada mediante a Resolución do 28 de xaneiro de 2026.
▶️ BOE IMELGA – Convocatoria de libre designación, efectuada por Resolución de 28 de enero de 2026, en el Instituto de Medicina Legal de Galicia

Me gusta esto:
Me gusta Cargando...