Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia
DOG: Convocatoria de cursos titorizados en liña con aproveitamento activo e avaliación continua, para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix), no seu nivel de iniciación
🔴 Datas e realización das probas:
▶️PLAN FORMATIVO A:
✔️Iniciación – do 16 de marzo ao 29 de xuño do 2026
▶️PLAN FORMATIVO B:
✔️Iniciación independentes: Do 23 de marzo ao 29 de xuño
▪️ComDix I:Do 23 de marzo e remata ao 29 de xuño
▪️ComDix II:Do 23 de marzo ao 22 de abril ▪️ComDix III:Do 13 de abril ao 18 de maio ▪️ComDix IV:Do 13 de abril ao 18 de maio ▪️ComDix V:Do 21 de maio ao 29 de xuño
▪️ComDix VI:Do 21 de maio ao 29 de xuño
🔴Prazo de inscrición
✔️ Plan formativo A ou B será de dez (10) días naturais a partir do seguinte as da publicación desta resolución no DOGA.
🔴A inscripcion realizase a través de: https://cemit.xunta.gal
Con carácter previo á inscrición será necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios.
IMPORTANTE:
- As persoas que desexen participar nos cursos convocados deberán escoller un dos dous plans formativos A ou B, descritos no anexo I, sen opción de cambio.
- A inscrición no Plan formativo A é incompatible coa inscrición en calquera dos cursos individuais incluídos no Plan formativo B.
- As persoas que figuren inscritas nos dous plans ao remate do prazo de inscrición serán excluídas automaticamente de ambos os dous plans.
🔴 Modalidade:
Os dous plans formativos desenvolveranse na modalidade de teleformación titorizada, con aproveitamento activo e avaliación continua, a través da plataforma de teleformación da rede CeMIT.
🔴 O acceso ós contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación
▪️Amplía información:
🔗https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260218/AnuncioG0177-050226-0001_gl.html

























