No DOG de hoxe, 1.10.2010, publícase a Resolución do 21 de setembro de 2010 pola que se publica o Plan de formación continua dos empregados públicos da Administración de xustiza en Galicia para o ano 2010 e se aproban as bases para a participación nestas accións formativas.
A Administración pública en xeral e, en particular, a Administración de xustiza de Galicia debe contar cuns servizos áxiles, accesibles e próximos aos cidadáns, e que dean resposta ás súas demandas e problemas. Para cumprir este obxectivo, os empregados públicos son o principal activo e deben converterse no factor decisivo para lograr unha Administración máis doada, áxil e eficaz. Desde esta perspectiva, a Escola Galega de Administración Pública pretende potenciar a modernización, calidade e profesionalización da Administración a través da formación e o perfeccionamento dos empregados públicos.
O IV Acordo de formación continua nas administracións públicas subscrito entre as organizacións sindicais representadas na Comisión Xeral para a Formación Continua e as administracións públicas sinala que a formación continua de todos os empregados públicos constitúe unha necesidade imprescindible para conseguir os obxectivos permanentes de eficacia e de modernización.
O plan de actividades correspondente ao ano 2010 da EGAP recibiu o informe favorable da Comisión Autonómica de Formación Continua, foi aprobado polo Consello Reitor deste organismo autónomo en sesión que tivo lugar o día 28 de decembro de 2009 e recolle a previsión de que a EGAP asumirá a partir do ano 2009 a organización dos cursos de formación continua para o cadro de persoal da Administración de xustiza de Galicia, tanto os que viña xestionando en parte a propia EGAP como os que xestionaba directamente a Dirección Xeral de Xustiza. Este plan de formación continua está destinado ao persoal da Administración de xustiza en Galicia por proceder os fondos que o financian das cotizacións dos traballadores públicos que prestan servizos nesta Administración.
Esta resolución pola que se publica o dito plan de formación ten, polo tanto, carácter informativo e queda condicionada a execución das accións nela contidas á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e ao que se estipule en cada convocatoria.
Sigue leyendo →
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...