Archivos de la categoría CURSOS DE GALEGO

DOGA – Convocados cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

DOGA – Convocados cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

ℹ️➡️ RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4 presenciais e en liña (ver anexo I e II).

🔴 INSCRICIÓN: As persoas interesadas en inscribirse nos cursos, presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal.

🔴 O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

▪️ Amplía información e accede ó DOGA: ⤵️⤵️
🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/AnuncioG0655-070224-0003_es.pdf

EGAP. CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA E XURIDICA GALEGA

Cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

 O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de xaneiro de 2024.

Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza de Galicia.
FX24001 Curso medio de linguaxe xurídica galega:   TELEFORMACION (75 HORAS) 2 CURSOS

DATAS 2.9.2024 ao 3.11.2024  EXAMEN 9 de novembro

FX24002 Curso superior de linguaxe xurídica galega:
TELEFORMACIÓ (75 HORAS) 1 CURSO
DATAS.- 2.9.2024 ao 3.11.2024  EXAMEN 9 de novembro

Solicitudes
1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP;

<https://egap.xunta.gal/ matricula>       

ACCEDE A PUBLICACIÓN NO DOGA

:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240118/AnuncioO150-100124-0002_gl.pdf

   

SPJ USO CONSEGUE QUE DUPLIQUEN AS PRAZAS DO CURSO MEDIO DE LINGUAXE XURIDICA GALEGA

SPJ USO solicitou mediante diversos escritos e presionou a DXX en diversas reunións, para CONSEGUIR SUBIR A OFERTA dos cursos xurídicos de galego A TODAS LUCES INSUFICIENTE.

🔴 Nesta ano o CURSO MEDIO DE LINGUAXE XURIDICA GALEGA pasa de 25 a ofertarse 50 prazas, en duas edicións, o que posibilita que mais xente poida acceder a este curso crucial pola cantidade de puntos que se obten tanto para oposicións como concurso de traslados…

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240110/AnuncioO_gl.pdf

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!

DATAS E LUGARES DE REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, CELGA 2, 3 E 4

Publicada na páxina do Portal da Lingua Galega as datas e lugares onde se van a realizar as probas para a obtención dos certificados CELGA 2,3 e 4 convocadas por RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Podedes acceder a toda a información PICANDO AQUI.

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E PREPARATORIOS PARA O CELGA, ABERTO O PRAZO DO SEGUNDO CUADRIMESTRE

Recordámosvos que dende o DÍA 13 ATA O 24 DE NOVEMBRO ábrese o prazo para a presentación das solicitudes nos Cursos de Linguaxe Administrativa Galega niveis medio e superior e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega Celga, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

SOLICITUDES E PRAZOS DE INSCRICIÓN:

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo http://www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Os cursos do segundo cuadrimestre comezarán o día 19 de febreiro e rematarán o 28 de abril de 2024.

Para ampliar información consulta a Resolución no DOG, pica aquí.