No DOG vense de publicar o DECRETO 46/2025, do 9 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2026.
📣 En 2026 teremos 9 + 1 (por coincidir en sábado o 15 de agosto, festivo nacional non substituible) = 10 días de ASUNTOS PARTICULARES + os canosos.
☑️ Os tres festivos escollidos como propios da Comunidade serán 👉 o Día de San José (xoves, 19 de marzo), 👉 San Juan (mércores, 24 de xuño) e 👉 o Día de Galicia (sábado, 25 de xullo).
👉 As festas do calendario laboral para Galicia no 2026 que se determinan son: ⤵⤵
🔴 Aninovo (1 de xaneiro).
🔴 Epifanía do Señor (Día de Reis – 6 de xaneiro).
🔵 San Xosé, 19 de marzo.
🔴 Xoves Santo (2 de abril).
🔴 Venres Santo (3 de abril).
🔴 Festa do Traballo (1 de maio).
🔵 San Xoán (24 de xuño)
🔵 Día Nacional de Galicia (25 de xullo).
🔴 Asunción da Virxe (15 de agosto).
🔴 Festa Nacional (12 de outubro).
🔴 Inmaculada Concepción (8 de decembro) e
🔴 Natividad do Señor (25 de decembro).
– Dous dos festivos estatais obrigatorios coinciden en domingo en 2026: o 1 de novembro (Todos os Santos) e o 6 de decembro (Día da Constitución). Tal e como permite a normativa estatal, Galicia optou por substituílos polos festivos do 19 de marzo (San José) e 24 de xuño (San Juan).
– Lembrar que o 17 de maio, Día dás Letras Galegas, tamén caerá en domingo ese ano, polo que non se incorpora como día festivo no calendario autonómico.
⚫ NOTA: O dia de Galicia, 25 de xullo, a pesar de coincidir en sábado non xera dereito a un día a maiores de asuntos particulares conforme á normativa actual por ser festivo autonómico.
⚫ De acordo co que dispón o artigo 30.7 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as festas laborais sinaladas terán o carácter de días inhábiles para os efectos de cómputo de prazos.
Preme o seguinte link para acceder o DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250620/AnuncioG0767-120625-0002_gl.html
▪ SPJ-USO: Os PRIMEIROS en INFORMACIÓN!!!



















