
ℹ️➡️ Nota informativa sobre a suspensión nas novas bolsas de persoal interino que se publicará na intranet de xustiza e mais na web da consellería.
⚠️⚠️ Unha vez entren en vigor as novas listaxes de persoal interino convocadas pola Resolución do 13 de abril de 2026, as bolsas anteriores quedarán automaticamente anuladas de conformidade co establecido no artigo 8.4 da dita resolución. 👉 Aquelas persoas interesadas en quedar en situación de suspensión de chamamentos conforme o establecido no artigo 20 da Orde do 6 de maio de 2026 poden cursar a dita solicitude coa documentación acreditativa necesaria nun prazo de cinco días hábiles (do 7.09.2026 ao 11.09.2026), por correo electrónico ante a xefatura territorial correspondente.
📣 A suspensión terá efectos dende a entrada en vigor das novas bolsas.
🔴 Recórdase que o persoal interino que estaba en situación de suspensión temporal nas anteriores bolsas deberán solicitar novamente a suspensión xa que non pasarán a esta situación de forma automática.
▪️ Amplía información: ⤵️
Nota informativa suspension bolsas


















