📢🔊 NORMAS SANITARIAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO NOS EDIFICIOS XUDICIAIS GALEGOS DICTADAS POLO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA‼️

📢🔊 NORMAS SANITARIAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO NOS EDIFICIOS XUDICIAIS GALEGOS DICTADAS POLO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA‼️

ENTRADA, SAÍDA E PERMANENCIA NOS EDIFICIOS:

1.- Procurarase que a entrada e a saída do edificio se faga a través de distintos accesos.

2.- Prohíbese a entrada ao edificio con guantes.

3.- Prohíbese o acceso ao edificio de toda persoa que mostre síntomas de COVID-19.

4.- Con carácter xeral, queda prohibida a entrada indiscriminada de persoas con motivo da adquisición de boletos de lotería,  tarxetas de homenaxe e similares.

5.- A visita de persoas no edificio xudicial, que non vaian desenvolver un labor profesional, requirirá cita previa.

6.- A concorrencia excesiva de persoas no acceso ao edificio facultará as forzas de seguridade para suspender transitoriamente a entrada.

  1. Autorizarase a entrada aos edificios xudiciais e aos xulgados —se as circunstancias de capacidade o permiten— á persoa que acompañe as vítimas dos
  2. Recoméndase o uso responsable e continuado de máscara para o acceso ao edificio xudicial e aos espazos otón durante todo o tempo de permanencia neles.
  3. Recoméndase o uso responsable e continuado de máscara nos despachos e

10.- Manterase sempre a distancia interpersoal de 1,5 metros na interactuación en todos os eixos de relación: lateral, anterior e posterior.

  1. Utilizaranse individualmente os ascensores no caso de que non se poida manter a distancia interpersoal de
  2. Cubrirase o nariz e boca ao tusir e esbirrar, preferentemente cun pano
  3. Evitarase tocar os ollos, nariz ou
  4. Non se compartirán obxectos ou utensilios de oficina e evitarase o contacto con superficies compartidas: otón de ascensores, pomos de portas
  5. Prohíbese a colocación de obstáculos que impidan o acceso ao edificio xudicial e ás oficinas xudiciais.

CIRCULACIÓN E ESTANCIA NOS EDIFICIOS:

1.- Efectuarase sempre polo lado dereito dos corredores e escaleiras.

2.- Efectuarase o lavado de mans con frecuencia, con carácter preferente ó uso de xeles hidroalcohólicos.

3.- Nas oficinas que teñan atención ó público, admítese o uso de pantallas protectoras.

CELEBRACIÓN DE ACTUACIÓNS XUDICIAIS:

1.- Entre unha vista/xuízo/dilixencia e outra ventilaranse as salas de vistas e asegurarase a limpeza, no que resulte necesario.

2.- Quen exerza a policía de estrados ou dirixa calquera acto xudicial ou gobernativo, poderá redistribuír os asentos na sala de vistas para garantir a distancia de seguridade, así como aconsellar o uso responsable e continuado de máscara.

De non poder garantir a distancia de seguridade, de polo menos 1,5 metros, se non hai unha adecuada ventilación da estancia ou se asiste unha persoa con síntomas comunmente compatibles coa COVID-19, quen exerza a policía de estrados ou dirixa calquera acto xudicial ou gobernativo, e co fin de evitar a súa suspensión, poderá impoñer o uso da máscara durante todo o tempo de duración do acto. Nestes casos, puntualmente e por razóns excepcionais, se quen interveña na celebración dun acto procesual non pode expresarse coa suficiente claridade ou non pode facerse entender, poderáselle permitir a retirada da máscara parcialmente e polo instante necesario para emitir a palabra ou frase coa que a persoa se queira expresar, sempre que se respecte a distancia interpersoal.

3.- Prohibirase tocar os micrófonos e os equipos audiovisuais.

4.- Dispénsase o uso da toga a avogad@s e procurador@s.

Accede ó Protocolo de actuación e organización nos órganos xudiciais do ámbito do TSXGalicia

Los comentarios están cerrados.