XULGADOS DE PAZ- Modificación das retribucións asignadas ao posto de Xestor/a procesual secretarios/as xulgados de paz (IV–D)

 

xulgado de pazConforme vos informamos na nota informativa da mesa sectorial de xustiza do xoves 24 de outubro,  e trala multitude de sentencias gañadas pola asesoría xurídica de SPJ-USO e os múltiples escritos presentados, no día de hoxe, comunicase pola DXX  que o proxecto de acordo  para que os xestores procesuais-secretarios de xulgados de paz (IV-D), puidesen  percibir a cantidade correspondente a un punto, contan co  informe favorable das Direccións Xerais de Planificación e Orzamentos e da Función Pública, cuxa competencia a estes efectos ven establecida polos artigos 14 e 16 da Lei 2/2015, do emprego público de Galicia, e os artigos 20 e 22 do Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

Comunicada por ambas Direccións Xerais a conformidade coa proposta de acordo que se xunta no anexo, a DXX danos  traslado desta para que, no prazo de 5 días hábiles comuniquemos se estamos de acordo coa dita proposta.

Proxecto_Acordo_OO.SS_4_punto_xulgado_paz

Los comentarios están cerrados.